Puerto Montt

From Wikipedia, the free encyclopedia

Puerto Monttmap
Remove ads

Puerto Montt é unha comuna, un municipio e unha cidade situada ao sur de Chile, tamén capital da Provincia de Llanquihue e da X Rexión dos Lagos. Segundo as estimacións do censo INE de 2012, a comuna tiña un total de 238.455 habitantes, unha superficie de 1673 km² e unha densidade de poboación de 138 hab/km². Puerto Montt forma xunto coa comuna de Puerto Varas a recentemente conceptualizada Conurbación Puerto Montt-Puerto Varas, unha área urbana tamén chamada o Gran Puerto Montt.

Datos rápidos Localización, Capital de ...
Thumb
Puerto Montt.

En termos xeográficos, atópase fronte ao Seno de Reloncaví; ten unha baía protexida polo seu costado occidental pola illa Tenglo. É a principal conexión co Arquipélago de Chiloé e as rexións australes de Aisén e Magallanes. Puerto Montt é situado ao final da depresión intermedia, afundido dentro do Seno de Reloncaví, onde inicia a Patagonia chilena, ao oeste limita coa Precordilleira.

Debido á súa localización estratéxica, a cidade é o punto inicial para o desprazamento ata a Patagonia chilena, tamén o seu importante porto fai conexións co resto do país e coas rexións máis austrais, ademais do seu aeroporto internacional chamado Base Aérea O Tepual, cos principais terminais aéreos do Chile[1].

Remove ads

Cidades irmandadas

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads