Puga, Toén
parroquia civil do concello de Toén From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Mamede de Puga é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 280 habitantes (145 homes e 135 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento de 34 habitantes en relación ao ano 2000.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Puga.
Remove ads
Patrimonio
A igrexa parroquial de San Mamede está no núcleo principal da parroquia, A Eirexa. A segunda fin de semana de setembro celébrase unha festa na honra da Virxe do Perpetuo Socorro.
Nesta parroquia está a torre patrucial dos Puga, donos de moitas terras e casas na comarca. A finais do século XV e comezos do XVI a torre de Puga pertencía ao cabaleiro Gonzalo de Puga, soterrado na igrexa de San Francisco de Ourense. Na parroquia está tamén o Pazo do Olivar, que a mediados do século XIX pertencía a Juan José Novoa y Abraura, e posteriormente, primeiro á súa filla Josefa e despois á súa outra filla Antonia Novoa Serón Abraura Molina.[2]
Remove ads
Lugares e parroquias
Lugares de Puga
Lugares da parroquia de Puga no concello de Toén (Ourense) | |
---|---|
Castiñeiras | Celeirón | A Eirexa | A Estrada | Paredes | O Pazo | As Penelas | Puga | San Fiz |
Parroquias de Toén
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads