Pull and Bear
cadea de tendas de roupa e complementos do grupo INDITEX From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Pull and Bear ou Pull&Bear (pronuncia inglesa: /pʊl ən ˈbɛər/; pronuncia galega: /pul am ˈbear/; en galego: tirar e levar) é unha cadea de tendas de roupa e complementos que está englobada no grupo INDITEX, as súas oficinas centrais e o seu centro loxístico atópanse no polígono de Río do Pozo, no concello de Narón.
Remove ads
Historia

A cadea naceu en 1991, debido á diversificación de obxectivo comercial de Inditex, que neses momentos só contaba coas tendas Zara. A cadea está dirixida a un público mozo e informal a prezos accesibles.
Un ano despois da súa creación e seguindo coa política comercial do grupo levada anteriormente con Zara, Pull and Bear abre a súa primeira tenda fóra de España: inaugurouse en Portugal. Dende ese momento a compañía non parou de medrar ata chegar en 2012 ás 440 tendas en 24 países: Malta, Israel, Irlanda, Chipre, Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Kuwait, Xordania, Líbano, Bahrain, Andorra,Polonia, Eslovaquia, Rusia, Serbia, Romanía, O Salvador e Guatemala, sendo algunhas das tendas destes países franquías mentres en España, Portugal, Grecia, Venezuela e México son de propiedade e non existe opción a abrir unha tenda franquiciada.

No 1998 ampliou as súas liñas de roupa con XDYE, unha marca de carácter máis urbano e moderno co que conseguiu un grande éxito[Cómpre referencia] e introducindo por primeira vez coleccións para muller. Tres anos despois apareceu Sickonineteen.
En 2003 Christian Dior levou aos tribunais de Ferrol a Pull & Bear acusándoa de plaxiar un dos seus bolsos. O caso foi arquivado[1]. Pull&Bear chegou a un acordo coa empresa británica Asos para iniciar a principios de 2014 a venda dos seus produtos na súa plataforma online.[2]
Remove ads
Tendas

A finais de 2012 Pull&Bear tiña 816 tendas. En outubro de 2013 Inditex anunciou a ampliación das instalacións de Pull and Bear en Río do Pozo coa construción dun novo edificio para os departamentos creativos e de xestión da marca. O edificio ten 15.000 metros cadrados en dúas plantas e custou 20 millóns de euros, sumando así 70.000 metros.[4]
En 2016 iniciou o patrocinio deportivo co Pantín Classic e Marc Márquez.
Remove ads
Galería de imaxes
- Acceso a Pull&Bear en Río do Pozo, Narón.
- Tenda de P&B no Pantín Classic.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads