Pune

From Wikipedia, the free encyclopedia

Punemap
Remove ads

Pune é unha cidade do estado de Maharashtra, no centro-oeste da India, a segunda en importancia trala capital Mumbai e a un centenar de quilómetros ao suroeste desta última. Conta con 3.446.330 de habitantes (2010) e máis de cinco millóns na área metropolitana.

Datos rápidos Localización, Capital de ...

Enclavada na meseta do Decán, a 552 metros de altitude ao pé dos Ghats Occidentais que a separan da costa do Índico, sitúase na confluencia dos ríos Mula e Mutha.

De orixes medievais (século VIII), acadou o seu cénit coma capital do Imperio Maratha no século XVIII. Despois do período colonial británico (coñecida coma Poona), ademais de capital cultural do estado tense convertido nas últimas décadas nun puxante centro industrial á calor da próxima megalópole.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads