Maharashtra
estado da India From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Maharastra, transcrito do marathi महाराष्ट्र como Maharáshtra (AFI /məhaˈɾaʂʈɾə/) e ás veces tamén transcrito Maharashtra, Mahārāshtra e Maarastra[1][2][3] é un dos 28 Estados da India, clasificándose como o segundo máis poboado do país, co maior produto interno bruto [4] e o terceiro máis extenso do subcontinente.[5]
O Estado foi fundado o 1 de maio de 1960 (este día coñecido no país como "Día de Maharastra"), pouco despois da independencia da India.


Remove ads
Economía e desenvolvemento
A súa capital e cidade máis grande, Bombai (Mumbai), é o maior centro urbano e financeiro da India, coa súa rexión metropolitana que representa ao redor do 5,5 % do PIB do país.[6] No seu conxunto, o Estado representa máis do 13% do PIB da India e máis do 23% do Produto Interior Bruto Nominal (uns 225.000 millóns de dólares ) en 2010, e arredor do 25 % das actividades financeiras realizadas no país, sendo o máis desenvolvido da India.[7]
Tamén é un dos máis desenvolvidos socialmente, co sétimo mellor IDH en 2011, o que, aínda que bastante superior á media india no mesmo período, estivo por debaixo da media mundial ese ano. De feito, facendo unha comparación con outro Estado-nación dos BRICS, segundo a ONU, Maharastra ten, de media, peores indicadores sociais que os que presenta Alagoas, o estado co Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) máis baixo do Brasil, segundo a última enquisa oficial.
Remove ads
Xeografía
Maharastra, que ocupa unha superficie de 307.700 km², sendo o terceiro máis grande do país (ocupando ao redor do 9,8% do territorio do país), limita co mar Arábigo ao oeste, os Estados de Gujarat e o territorio de Dadrá e Nagar-Aveli ao noroeste, cos Estados de Madia Pradesh ao nordeste, Chatisgar ao leste, KarnataKa ao sur, Andra Pradesh ao sueste e Goa ao suroeste.
Demografía
Cunha poboación estimada de 112,3 millóns de habitantes en 2011, Maharastra é o segundo Estado máis poboado do país, só superado polo estado de Uttar Pradesh, no norte do país. Se fose independente, Maharastra sería o décimo país máis poboado do mundo, por diante de México.
Cidades
A pesar de que case 90 millóns de habitantes separan a poboación de Uttar Pradesh, o Estado máis poboado da India, e Maharastra, o segundo, este último é, sen dúbida, o de maior poboación urbana en canto a número de habitantes (aínda que máis do 70 % dos 200 millóns de habitantes de Uttar Pradesh é rural , o Estado ten máis cidades nas 100 cidades máis poboadas da India que calquera outro Estado indio.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads