Queixo do Cebreiro
variedade de queixo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Queixo do Cebreiro é un queixo DO galego producido[1] nos concellos de Baralla, Becerreá, Folgoso do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, As Nogais, Triacastela e Pedrafita do Cebreiro.
Elabórase basicamente con leite de vaca ó que se lle pode engadir leite de cabra en cantidades non superiores a un 40%. É un queixo graxo cunha consistencia que depende do grao de maduración. A pasta é graúda e a codia fina.
É de cor branca ou amarela, segundo a maduración. Ten un sabor lixeiramente ácido e picante. A súa forma lembra un gorro de cociñeiro ou a un fungo. Os peregrinos que percorrían o camiño encargáronse desde vello de dalo a coñecer e hai documentación que acredita a súa existencia desde o século XVIII. A produción está limitada a unhas 20-28 toneladas anuais porque as explotacións da zona son poucas e de pequeno tamaño: en 2009 eran sete os gandeiros rexistrados, con dúas queixerías. Nese ano a produción total foi de 24.206 kg.[2]
Remove ads
Características e tipos
O leite empregado procederá de gando vacún saneado, das razas rubia galega, parda alpina, frisoa ou dos seus cruzamentos. Tamén se elaboran queixos cunha proporción máxima do 40% do leite de gando caprino.
O leite será enteiro, sen costros nin conservantes. O callo empregado será de orixe animal ou outras enzimas autorizadas.
O queixo do Cebreiro pódese comercializar en dúas modalidades (fresco e curado), cun peso por peza comprendido entre 0,5 e 2 kg.
Ten forma de fungo ou de gorro de cociñeiro, é dicir, está composto de dúas partes:
- Base cilíndrica, de diámetro variable e cunha altura non superior a 12 cm.
- Sombreiro, que terá entre 1 e 2 cm máis de diámetro que a base e unha altura non superior a 3 cm.
As características da pasta varían en función do grao de maduración, distinguíndose entre os frescos e mailos curados.
Remove ads
Produtores
Son catro as queixerías de queixo do Cebreiro en tres formatos: 300 gramos, medio quilo e un quilo.[3]
- Queixerías Castelo de Brañas S.L. en Pedrafita do Cebreiro.
- Carmen Arrojo Valcárcel (Queixo do Cebreiro Xan Busto) nas Nogais.
- Carlos Reija Fernández (Queixo do Cebreiro Sto. André) en Castroverde.
- Enrique Fernández Paradela (Queixo do Cebreiro Marqués de Cernadas) en Baralla.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads