Queixumes dos pinos
obra literaria de Eduardo Pondal From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Queixumes dos pinos é un libro de poemas escrito por Eduardo Pondal e publicado en 1886 na Biblioteca Gallega dos editores Latorre e Martínez, da Coruña, na imprenta de La Voz de Galicia.[1]
Remove ads
Descrición
Pondal recolleu nel a maior parte dos poemas publicados en 1877 en Rumores de los pinos, aínda que reelaborándoos, traducindo algúns ao galego e facendo desaparecer outros escritos en castelán. O conxunto inicial, que estaba composto por trinta composicións, foise ampliando en posteriores edicións, incluíndo poemas como "Os pinos".
A segunda edición publicouse pola Academia Gallega, na Coruña, na imprenta de Zincke Hermanos, en 1935, con introdución de Manuel Murguía, e epílogo de Manuel Lugrís Freire.
A obra foi incluída na Biblioteca Básica da Cultura Galega da Editorial Galaxia, na Biblioteca de Autores Galegos de Diario 16 de Galicia e na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads