Quickspace
From Wikipedia, the free encyclopedia
Quickspace (orixinalmente Quickspace Supersport) foi unha influente banda londiniense de rock experimental e Krautrock activa entre os anos 1994 e 2005.
Quickspace | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1994 - 2005 |
Xénero(s) | rock experimental, noise pop, space rock, Krautrock |
Selo(s) discográfico(s) | Kitty Kitty, Matador, Love Train, Elefant Records, Slash, Hidden Agenda, Domino, Homesleep |
Antigos membros | Tom Cullinan Sean Newsham Ed Grimshaw Louis Jack-Jones Roxanne Stephen Wendy Harper Max Corradi Barry Stillwell Chin Steve Denton Nina Pascale Paul Shilton Robin C. |
Artistas relacionados | Th' Faith Healers |
Na rede | |
http://www.myspace.com/quickspace | |
![]() ![]() |
Historia
Pouco despois da separación do grupo indie Th' Faith Healers, o guitarrista e vocalista Tom Cullinan formou a finais de 1994 Quickspace Supersport con Sean Newsham (baixo), Wendy Harper (voces/guitarra), Max Corradi (batería), e Barry Stillwell (teclados) en Londres.[1]
O grupo lanzou o seu sinxelo de estrea, "Quickspace Happy Song #1", en marzo de 1995 a través do seu propio selo Kitty Kitty Corporation. Atoparon amigos en bandas como Sebadoh e Stereolab, coas que xiraron polo Reino Unido a finais dese ano.[1] Un segundo sinxelo, "Found A Way", foi publicado a través de Domino en outubro de 1995, cando o son do grupo comezou a solidificarse.[2] Tamén gravaron unha sesión para o John Peel Show na BBC Radio 1[3] e despois fixeron un breve parón cando tres dos membros orixinais marcharon tras desacordos sobre os selos e os cartos.[4] O "Supersport" do nome foi eliminado e Cullinan reformou a banda, con Nina Pascale (voz/guitarra), Paul Shilton (teclados) e Chin (batería).[1]
Unha versión regravada de "Friend", lanzada a principios de 1996 por Kitty Kitty, foi o primeiro sinxelo coa nova formación. O seu primeiro álbum. Quickspace, publicouse no outono dese ano e contaba cunha mestura de gravacións vellas e novas.[5] Unha versión estadounidense apareceu en 1997 cos seus dous sinxelos máis novos.[6]
Na primavera de 1997 publicouse unha colección dos seus primeiros sinxelos e de rarezas baixo o título de SupoSpot.[7] Foi seguida ese memmo ano polo EP Precious Mountain. No verán de 1998 a banda lanzou os sinxelos "Hadid" e "Quickspace Happy Song #2" combinándoos no Precious Little EP.[8] A banda tamén regravou unha versión de "Friends" en español para ser lanzada como sinxelo por Elefant Records.[9] Chin deixou a banda durante ese ano e foi substituído por Steve Denton.[1]
O seu segundo álbum, Precious Falling, foi editado en agosto de 1998.[10] No 2000 a banda lanzaría o seu terceiro traballo, The Death Of Quickspace, coa aclamación da crítica,[11][12][13] seguido polo sinxelo "Flat Moon Society" ese mesmo ano. Tom Cullinan publicou despois unha versión completa do álbum de Fleetwood Mac Rumours baixo o pseudónimo de Dougal Reed,[14] pero ningunha música nova de Quickspace se materializaría nos seguintes tres anos.
En 2003 publicouse o sinxelo "In a Field of Nymphs" a través do selo italiano Homesleep, pero pasarían dous anos máis ata que un Quickspace completamente renovado con Cullinan, Ed Grimshaw (batería), Louis Jack-Jones (baixo) e a ex-Th' Faith Healer Roxanne Stephen (voces) publicase o seu seguinte sinxelo, "Pissed Off Boy", a través do selo Domino en 2005.[15] Despois diso Cullinan reformou Th' Faith Healers para facer algúns concertos a principios de 2006[16] e toda a actividade de Quickspace cesou.
Discografía
Álbums
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Quickspace (UK) | 1996 | Kitty Kitty Corporation |
Quickspace (US) | 1997 | Slash Records |
Precious Falling | 1998 | Kitty Kitty, Domino, Hidden Agenda |
The Death Of Quickspace | 2000 | Kitty Kitty, Matador |
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.