Quilo-
prefixo do Sistema Internacional de Unidades From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
Quilo (símbolo: k) é un prefixo do Sistema Internacional de Unidades que equivale a 1.000 unidades ou 103. Por exemplo:
- un quilogramo (kg) son 1.000 gramos
- un quilómetro (km) son 1.000 metros
- un quilovatio (kW) son 1.000 vatios
- un quilojoule (kJ) son 1.000 joules.
Adoptado en 1795, vén do grego χίλιοι, que significa mil.
Coloquialmente úsase con frecuencia o termo apocopado "quilo", como abreviatura de "quilogramo".
En informática, quilo non é sempre exactamente 1.000, senón que equivale a 1.024 (210), en especial, cando se refire a almacenamento. Por exemplo, un quilobyte son 1.024 bytes, non 1.000.
Así a todo, quilo- e mega- teñen o seu significado tradicional procedente do Sistema Internacional cando se refiren a velocidades ou transferencias de datos. Por exemplo, 56 quilobits por segundo son 56.000 bits por segundo, non 57.344.
Unha convención común consiste en utilizar k (en minúsculas) para 1000 e K (en maiúsculas) para 1.024.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de quilo- |
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de k |
Outros artigos
- Sistema Internacional de Unidades
- Prefixo binario
- Quilo (aparato dixestivo) (comida totalmente dixerida con contido graxov que se encontra no intestino e é absorbida nos vasos linfáticos ; ten unha etimoloxía distinta á de quilo=1000).
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads