Río Corgo, río Douro
río de Portugal From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O río Corgo é un dos afluentes do río Douro. Nace no concello de Vila Pouca de Aguiar e desemboca xunto á cidade de Peso da Régua, na marxe dereita do río Douro, pasando antes por Vila Real e o concello de Santa Marta de Penaguião.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Río Corgo.
Remove ads
Características
No medio do seu traxecto pasa pola cidade de Vila Real, onde recibe como afluente o río Cabril (que nace na Serra do Alvão), ademais doutros pequenos ríos.
Despois de Vila Real e ó entrar no concello de Santa Marta de Penaguião, o Corgo ten nas súas beiras as viñas da Denominación de Orixe do Douro.
Aínda en Vila Real, o río ten dous encoros, un para o lecer, o complexo do Codessais, con piscinas e praia fluvial, bares e animación nas noites de verán, e o segundo, co nome de Terragido, para aproveitamento hidroeléctrico e tratamento de augas e residuos urbanos.
O río Corgo ten durante o seu traxecto entre Vila Real e a Régua a compaña da Liña do Corgo, unha vía de ferrocarril de vía estreita con automotoras LRV 2000 que non superan os 30 km hora, é unha liña histórica nos meses de verán para viaxes turísticas, nunha viaxe de cerca de 50 minutos entre as dúas cidades (Régua - Vila Real). Ó longo do traxecto pode admirarse a magnífica vista do val do río, a beleza das viñas da rexión con Denominación de Orixe do Douro, ademais de antigas casas señoriais das quintas do Douro, tendo ó lonxe no horizonte a Serra do Marão.
Afluentes
- Ribeira de Codessais (esq.)
- Ribeira de Tourinhas (esq.)
- Río Cabril (der.)
- Río Sordo (der.)
- Río Tanha (esq.)
Presas no río Corgo
- Presa do Terragido
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Corgo, río Douro |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads