Río Mosela

afluente do Rhin From Wikipedia, the free encyclopedia

Río Moselamap
Remove ads

O Mosela (en francés Moselle, en alemán Mosel, en luxemburgués Musel) é un río afluente do Rhin pola marxe esquerda, que atravesa Francia, Luxemburgo e máis a Alemaña ao longo dun curso de 545 km. A súa conca abrangue unha área de 28.286 km².

Datos rápidos Tipo, Inicio ...
Thumb
O Mosela na altura de Zell, Alemaña
Remove ads

Percorrido

O Mosela nace no macizo montañoso dos Vosgos, fluíndo a través da Francia nororiental cruzando Épinal, Charmes, tocando case Nancy, Metz, Guénange e Thionville. Logo durante un longo treito serve de límite entre Alemaña e Luxemburgo, para pasar a continuación a ser un río exclusivamente alemán desde as proximidades de Tréveris. Únese finalmente ao río Rhin en Coblenza (Koblenz).

Afluentes

Os seus principais tributarios son:

  • Pola esquerda:
    • Orne.
    • Sauer.
  • Pola dereita:
    • Meurthe.
    • Saar, dito tamén Sarre en varias linguas románicas.
    • Ruwer.

O Mosela está en boa parte do seu curso canalizado, sendo navegábel até a zona de Nancy, xogando un importante papel como importante vía de trasporte para as industrias extractivas da rexión.

Outros datos

O val do Mosela é famoso polos seus viños, especialmente brancos, conformando a rexión Mosel-Saar-Ruwer.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads