Río Valderaduey
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O río Valderaduey é un curso fluvial de Castela, afluente do río Douro pola marxe dereita.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2020.) |
Remove ads
Etimoloxía
Historicamente, o río chamouse Aratol e de aí derivou en Araduey e despois en «Val d'Aratol» e «Valderaduey».
Percorrido
O río Valderaduey nace na paraxe de Vallehondo, limitando coas provincias de León, no monte de Riocamba, e de Palencia, no termo municipal de Mantinos, comunidade autónoma de Castela e León.
Os seus principais afluentes son os ríos Valdehunco, Bustillo, Navajos, Salado e Sequillo. Sen o río Sequillo morrería sen auga en Zamora.
Atravesa os termos municipais de Sahagún -municipio máis importante polo que discorre-, Becilla de Valderaduey e Villalpando. Desemboca na marxe dereita do Douro, á altura de Villagodio, a uns 3 km de Zamora.
O río percorre pequenas poboacións de vivendas feitas de tapial e adobes, como a cor da auga que arrastra o mesmo material. Moitas aldeas que atravesa levan o seu nome. Discorre apracible e sen sobresaltos camiño da desembocadura. Canalizado para evitar as riadas invernais, nas épocas de pesca acolle pescadores de cana (barbos e carpas) e reteles (cangrexos).
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads