Rúa de Policarpo Sanz

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rúa de Policarpo Sanz
Remove ads

A rúa de Policarpo Sanz é unha vía urbana da cidade de Vigo. Comeza na confluencia da rúa Colón e a avenida de García Barbón, e finaliza na porta do Sol. Posúe apenas 400 metros de lonxitude, e é sede de grandes edificios senlleiros, converténdoa nunha das principais vías da cidade.

Datos rápidos Dimensións, Lonxitude ...
Remove ads

Toponimia

O nome da rúa deriva do industria e mecenas galego marinés Xosé Policarpo Sanz. Recibiu dita denominación no ano 1889[1].

Historia

Informes arqueolóxicos determinan que, previo á urbanización da cidade, a rúa de Policarpo Sanz non era máis que unha vaguada* pola que baixaba un pequeno regato ata onde hoxe se atopa o Teatro Afundación[2]. Constituíu un dos principais viais da cidade no século XX, e estaba comunicada por tranvía[3].

Morfoloxía e urbanismo

Thumb
Edificio El Moderno, outrora hotel e agora vivenda residencial.

A rúa de Policarpo Sanz constitúe, pola súa importancia arquitectónica e urbanística, unha das rúa máis relevantes da cidade. A rúa posúe dous carrís por sentido, aínda que un dos carrís en dirección porta do Sol é un carril bus. Ten grandes beirarrúas, con parterres e pequenos arbustos.

En canto aos edificios, predominan construcións de non máis de seis andares, de estilo modernista con grande influencia francesa.

Edificios senlleiros

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads