RMS Majestic (1914)

From Wikipedia, the free encyclopedia

RMS Majestic (1914)
Remove ads

O RMS Majestic foi orixinalmente un transatlántico alemán inicialmente chamado Bismarck, o cal foi encargado pola navieira Hamburg America Line (HAPAG) e construído nos estaleiros Blohm & Voss en Hamburgo. Foi o terceiro da clase Imperator e tivo como buques irmáns ao SS Vaterland e ao SS Imperator.

Datos rápidos SS Bismarck RMS Majestic HMS Caledonia, Historial ...

Unha vez botado en 1914, non chegou a ser completado totalmente debido á entrada de Alemaña na primeira guerra mundial, permanecendo inacabado durante anos. Como consecuencia do Tratado de Versalles foi entregado ao Reino Unido en compensación polo afundimento do buque hospital HMHS Britannic. Remodelado, completado e renomeado como RMS Majestic a partir de 1922 foi catalogado como o buque máis grande do mundo. O Majestic serviu para a empresa White Star Line.

Máis tarde, no 1936, a White Star vendeu o buque á Royal Navy que o renomeou como HMS Caledonia destinándoo a buque de adestramento de novos cadetes, ata que un incendio o destruíu parcialmente en setembro de 1939, afundindo preto das costas de Escocia. Finalmente, os seus restos foron desmantelados en 1943.

Remove ads

Historia

Thumb
Botadura do SS Bismarck en 1914. (A roda está chafranada nun sector para colocar a aguia imperial como mascarón)

Durante a chamada época dourada dos buques de liña, a HAPAG ordenou a construción de tres transatlánticos da chamada clase Imperator en resposta aos buques RMS Lusitania e RMS Mauretania da Cunard Line en Inglaterra. Foron deseñados para ser moito máis grandes e luxosos pero non tan veloces como os ingleses.

O SS Bismarck foi botado o 20 de xuño de 1914 e bautizado pola condesa Hanna von Bismarck e o Káiser Guillerme II de Alemaña.

O inicio das hostilidades da primeira guerra mundial ralentizou a finalización do buque, o cal xa estaba bastante avanzado pero non completamente equipado. Tampouco foi dotado da famosa aguia imperial de bronce característica da HAPAG no Segundo Reich. A HAPAG tiña plans de efectuar o cruceiro da vitoria coa familia imperial alemá en dito buque se Alemaña gañaba a guerra.[1]

Porén, debido a que a guerra foi desfavorable a Alemaña, o Tratado de Versalles imposto polos vencedores obrigou aos xermanos a completar e entregar os buques de liña sobreviventes como compensación de guerra. Os traballos de terminación foron realizados de mala gana, deliberadamente ralentizados e incluso sabotados pola Blohm & Voss en Hamburgo ata 1922, ano en que foi transferido á White Star Line. Chegou a porto coas cores orixinais da HAPAG nas súas chemineas e o seu nome como Bismarck nos seus costados como un desafío para os ingleses. A hotelería estaba semirrematada e ademais deliberadamente en malas condicións de salubridade.

RMS Majestic

Thumb
O RMS Majestic nun dique flotante de Southampton, 1932.

A White Star Line tomouno como compensación pola perda do HMHS Britannic, afundido por unha mina na canle de Kea en augas gregas, e reacondicionouno coas cores e o luxo característico renomeándoo como RMS Majestic. Realizou a súa viaxe inaugural o 12 de maio de 1922 na ruta Southampton-Cherburgo-Nova York.

Thumb
A piscina do Majestic, decorada en estilo pompeiano.

O Majestic gozou de gran popularidade por ser o buque de liña máis grande do mundo (ata a aparición do buque francés SS Normandie en 1935) e polo seu luxo. Foi coñecido co sobrenome Magic Stick (variña máxica).[2]

Thumb
O gran salón do Majestic. As súas luxosas instalacións aseguraron a súa gran popularidade nos anos 1920.

A súa prometedora carreira, porén, non estivo exenta de incidentes, entre os que destacan unha colisión co Berengaria a finais de 1922, sen consecuencias graves. Porén, o incidente máis grave ao que tivo que enfrontarse o Majestic tivo lugar en decembro de 1924, cando durante unha das súas travesías formouse unha gran greta duns 30 metros na súa superestrutura, tras un forte ruído que foi descrito polos pasaxeiros como un disparo de canón. Tiveron que realizarse importantes arranxos para consolidar a estrutura do navío, e malia iso permaneceu en vixilancia (o Leviathan tivo problemas similares algúns anos máis tarde).[3]

HMS Caledonia

En 1937, a White Star -fusionada xa coa Cunard Line- decidiu vender para desarme ao Majestic debido a varios problemas eléctricos e estruturais; porén a firma Ward & Co. encargada do desarme vendeuno ao Ministerio da Mariña inglés, quen o reacondicionou como buque para adestramento de cadetes (cunha capacidade para 1500 persoas) e o renomeou como HMS Caledonia. Rebaixáronse as chemineas, elimináronse os botes salvavidas e engadíuselle unha cuarta ponte.

Comezada a segunda guerra mundial, os cadetes do Caledonia foron redestinados e o buque pasou á reserva á espera dunha decisión por parte do Almirantado. Permaneceu ata o 29 de setembro de 1939, día en que se incendiou debido a un fallo eléctrico nun peirao de Rosyth, en Escocia, afundindo naquelas augas. Permaneceu nese lugar ata que a Shipbreaker Ward & Co o comprou e desmantelou en 1943.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads