RMS Queen Mary 2

Transatlántico From Wikipedia, the free encyclopedia

RMS Queen Mary 2
Remove ads

O Royal Mail Ship Queen Mary 2 é un transatlántico pertencente á compañía Cunard Line.[1] Foi construído no estaleiro galo "Chantiers de l'Atlantique" en Saint-Nazaire en 2003,[2] daquela propiedade de Alstom, cun custo superior a 800 millóns de dólares estadounidenses (550 millóns de libras esterlinas). É tamén o transatlántico máis grande, máis luxoso e caro construído na historia marítima.

Datos rápidos Historial, Características xerais ...

O Queen Mary 2 está destinado para a ruta do Atlántico Norte, mais tamén é parcialmente utilizado para cruceiros. Botouse ao mar o 12 de xaneiro de 2004. Daquela era o barco de pasaxeiros maior do mundo, até o ano 2006, cando a empresa naval Royal Caribbean International lanzou ao mar o Freedom of the Seas, que malia ser 6 metros máis curto ca o Queen Mary 2, ten 15 metros máis de manga. Dende setembro de 2009, cando o Oasis of the Seas (tamén da empresa Royal Caribbean International) terminou de ser construído, o Queen Mary 2 pasou a ser o terceiro barco de pasaxeiros máis grande do mundo, aínda que segue a ser o transatlántico máis grande do mundo xa que os dous anteriores non son transatlánticos.[3]

Thumb
O Queen Mary 2 na Ría de Vigo.

Hoxe en día, a rivalidade entre as empresas navais de pasaxeiros non é contar co buque máis rápido, xa que estes non son usados máis coma un medio de transporte, senón contar co máis grande e luxoso. O Queen Mary 2 deu este título á Cunard en 2004, e foi o primeiro transatlántico que se construíu dende o Queen Elizabeth 2 de 1969.

Digno sucesor de grandes mitos da historia marítima, coma os primeiros transatlánticos de luxo alemáns de antes da primeira guerra mundial, que introduciron o concepto de hotel de luxo na navegación marítima, e transatlánticos famosos como o Titanic, o Mauretania, o Queen Mary, o Queen Elizabeth e mailo Queen Elizabeth 2; o Queen Mary 2 é 44,8 metros máis longo ca a Torre Eiffel e tres veces e medio máis ca a torre de Westminster (Big Ben). Ademais, é só 35,7 metros máis curto ca o edificio Empire State de Nova York. En decembro de 2011 cambiou o seu porto de rexistro a Hamilton, nas Bermudas.

Dende os seus comezos o Queen Mary 2 abarloou en numerosas ocasións no porto de Vigo.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads