Rabela

tipo de muiñeira vella From Wikipedia, the free encyclopedia

Rabela
Remove ads

A rabela[1], tamén chamada muiñeira das castañolas[2] e danza do galo[3], é un tipo de muiñeira vella.[4] Foi documentada en recollas etnográficas na comarca de Santiago e nas zonas costeiras limítrofes, desde Rianxo até Santa Comba.

Datos rápidos Localización ...
Remove ads

Características

Bailábana un home e un número impar de mulleres (tres, cinco, sete, nove, etc.). O home, asistido de castañolas, movíase facendo puntos, con amplitude de movementos e total liberdade. Marcaba o inicio e as mudanzas do baile e guiaba os desprazamentos coreográficos do grupo de mulleres, seguíndoas e entrelazándose con elas, no que podería considerarse como un baile de cortexo.[4] As mulleres pola súa parte acompañaban os movementos do bailador con pasos miúdos semellantes aos da muiñeira vella. Adoitaban estar en posición de media lúa ou en fila, en ocasións collidas do brazo, e facer desprazamentos en roda ou taboa. Existía unha bailadora principal que se colocaba no medio das outras mulleres e que acostumaba ser a raíña das festas.[2]

Na actualidade acompáñase coa música da gaita e do tambor, se ben antigamente bailábase ao son da música dun rabel, motivo do que deriva o seu nome.[5] O baile garda similitude co corri-corri asturiano[6] e con outro, sempre acompañado dun rabel, existente na zona de Braga.[1]

Por ser un baile case extinto non está presente no repertorio da maioría dos grupos de baile tradicional galego, con algunha excepción, como a agrupación cultural Xacarandaina da Coruña.[7]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads