Rafael Caldera

político venezolano From Wikipedia, the free encyclopedia

Rafael Caldera
Remove ads

Rafael Antonio Caldera Rodríguez, nado o 24 de xaneiro de 1916 e finado o 24 de decembro de 2009,[1] foi un avogado, sociólogo, escritor, orador e político venezolano, electo dúas veces como presidente de Venezuela, exerceu dous mandatos de cinco anos (1969-1974 e 1994-1999).[2]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Amplamente recoñecido como un dos fundadores do sistema democrático de Venezuela,[3] o principal arquitecto da Constitución de 1961 e un pioneiro do movemento demócrata-cristián en América Latina, Caldera axudou a forxar un período sen precedentes de goberno democrático civil nun país asediado por unha historia de violencia política e caudillos militares.[4]

O seu liderado estableceu a reputación de Venezuela como democracia estables de América Latina durante a segunda metade do século XX.[5] Durante o seu mandato houbo accións da Operación Cóndor no país.[6]

Despois de licenciarse en Dereito e Ciencias Políticas pola Universidade Central de Venezuela en 1939, Caldera iniciou unha carreira de 70 anos que combinaba actividades políticas, intelectuais e académicas. Foi chamado tanto de pro-fascista[7] como de entregado ao comunismo.[8]

Acusacións de corrupción

En 1994 foi acusado do seu primeiro caso de corrupción por suposto enriquecemento cunha mina de ouro.[9] Posteriormente foi acusado de corrupción xeneralizada na Administración pública, aínda que tamén de levar o asunto da corrupción a foros internacionais.[10]

Amnistía aos militares da rebelión de 1992

Durante o segundo goberno de Caldera, foron amnistiados e postos en liberdade os militares implicados no intento de golpe de estado de 1992, que se sumaron ao partido político Movimiento V República (MVR), liderado por Hugo Chávez, que despois acadou unha clara vitoria nas Presidenciais de Venezuela en 1998.

Unha lenda urbana apuntaba a que Caldera fora padriño de promoción de Hugo Chávez no exército, no corpo de paracaidismo. Outra versión colocábao de padriño de bautismo, ambas foron desmentidas pola familia Caldera Pietri e o propio Chávez.[11]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads