Rafael Portanet
político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Rafael Jesús Portanet Suárez, nado en Cangas o 6 de marzo de 1908 e finado en Vigo o 5 de maio de 1988,[1] foi un empresario e político galego, alcalde de Vigo durante o franquismo dende 1964 ata 1970.[2]

Remove ads
Traxectoria
De familia de tradición empresarial e xenro de Eduardo Cabello (enxeñeiro artífice do porto de Vigo), iniciou a súa andaina profesional no sector do peixe e as conservas. Delegado do Estado na Zona Franca durante 37 anos, atribúeselle gran parte do mérito da chegada da factoría PSA Citroën ás súas instalacións.
Remodelou e profesionalizou a Caixa de Aforros Municipal de Vigo como presidente da mesma. Como alcalde de Vigo promoveu a modernización da cidade (apertura da rúa Venezuela, desenvolvemento do polígono de Coia, mellora da iluminación da cidade, remodelación do parque da Guía, do Castro e parque de Castrelos, mellora do Museo Quiñones de León, instalación de parques infantís na cidade, auga ó rural, Escola de Artes e Oficios), cunha xestión eficaz e ás veces controvertida. Durante o seu mandato, no cambio de ano de 1967 a 1968, os tranvías eléctricos que había na cidade (dende 1914) foron substituídos por autobuses.
Nas eleccións xerais de 1979 foi elixido deputado polo grupo Coalición Democrática, e viviu o golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 no Congreso dos Deputados.
Predecesor: José Ramón Fontán González |
![]() Alcalde de Vigo 1964-1970 |
Sucesor: Antonio Ramilo Fernández-Areal |
Remove ads
Recoñecementos
Recibe o recoñecemento a súa xestión co nomeamento da Avenida Alcalde Portanet.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads