Miliobatiformes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Miliobatiformes
Remove ads

A dos miliobatiformes (Myliobatiformes) é unha das catro ordes da superorde dos batoideos, peixes cartilaxinosos elasmobranquios relacionados cos tiburóns (superorde selaquimorfos).

Máis información Clasificación científica, Familias ...

Moi semellantes ás raias (denomínanse ás veces raias látego ou raias de aguillón) estes peixes estaban anteriormente incluídos na orde Rajiformes, pero estudos filoxenéticos recentes demostraron que os miliobatiformes constitúen un grupo monofilético.[1]

Remove ads

Clasificación

Nelson, en 2006, na súa obra Fishes of the World clasifica os miliobatiformes da seguinte maneira:[2]

Orde Myliobatiformes

  • Suborde Platyrhinoidei
    • Familia Platyrhinidae D. S. Jordan, 1923
  • Suborde Zanobatoidei
    • Familia Zanobatidae Fowler, 1928
  • Suborde Myliobatoidei
    • Superfamilia Hexatrygonoidea
      • Familia Hexatrygonidae Heemstra & Smith, 1980
    • Superfamilia Urolophoidea
      • Familia Plesiobatidae Nishida, 1990
      • Familia Urolophidae Müller e Henle, 1841
    • Superfamilia Urotrygonoidea
      • Familia Urotrygonidae McEachran, Dunn & Miyake, 1996
    • Superfamilia Dasyatoidea
      • Familia Dasyatidae Jordan, 1888
      • Familia Potamotrygonidae Garman, 1877
      • Familia Gymnuridae Fowler, 1934
      • Familia Myliobatidae Bonaparte, 1838

Controversia

A orde foi proposta por Leonard Compagno en 1973. De acordo coa súa revisión de 1999[3] esta orde comprendía as seguintes familias:

  • Dasyatidae
  • Gymnuridae
  • Hexatrygonidae
  • Mobulidae
  • Myliobatidae
  • Plesiobatidae
  • Potamotrygonidae
  • Rhinopteridae Jordan & Evermann, 1896
  • Urolophidae

Porén, a orde no é recoñecida por FishBase, que sitúa as seis familias que considera na orde dos raiformes.[4]

Pola súa parte, o Integrated Taxonomic Information System (ITIS) considera estas familias:[5]

  • Dasyatidae
  • Gymnuridae
  • Hexatrygonidae
  • Mobulidae Gill, 1893 (non recoñecida por FishBase, que clasifica todas as súas especies na familia dos Myliobatidae)
  • Myliobatidae
  • Plesiobatidae
  • Potamotrygonidae
  • Rhinopteridae
  • Urolophidae

(Para outra clasificación, véxase a ligazón externa ao NCBI).

Remove ads

En Galicia

En augas próximas ás costas galegas están citadas as especies seguintes:[6][7]

  • Familia Dasyatidae
    • Dasyatis pastinaca (Linnaeus, 1758) (a ouxa)
  • Familia Mobulidae
  • Familia Myliobatidae
    • Myliobatis aquila (Linnaeus, 1758) (o chucho)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads