Ramiro Paredes Ramos

futbolista e directivo galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Ramiro Paredes Ramos, nado en Vigo e finado o 6 de decembro de 1958 na Serra de Guadarrama, foi un futbolista, delegado e directivo galego coñecido como Pareditas, que xogaba na demarcación de centrocampista.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Procedente do Unión Sporting Club de Lavadores fichou polo Celta de Vigo na tempada 1928-29. Na tempada 1929-30 disputou a primeira liga da historia, co Celta en Segunda División, tempada tráxica xa que o equipo descendeu a Terceira División. Ao ano seguinte o equipo conseguiu o retorno a Segunda, sendo Paredes un dos protagonistas. Ao rematar o curso celebrouse en Balaídos unha merecida homenaxe a Paredes fronte ao FC Porto con triunfo celeste por 2-0 con goles de Losada e Pepe Hermida.

O seu último partido co Celta disputouno o 24 de maio de 1936 contra o seu anterior club, o Unión Sporting. Ao igual que moitos xogadores do Celta da época foi internacional coa Selección de fútbol de Galicia.

Tras deixa-lo fútbol en activo foi delegado de campo e directivo do Celta e rexentou co tamén ex xogador do Celta Alberty, o Bar Club na rúa Colón.

Faleceu no accidente do SNCASE Languedoc de Aviaco de 1958, acontecido o 4 de decembro dese ano[1]. O avión que saíra do aeroporto de Peinador con destino a Madrid bateu na Serra do Guadarrama. Á chegada dos corpos a Vigo congregáronse miles de persoas dende a estación de ferrocarril ata a Igrexa de Santiago, e de alí ao cemiterio de Pereiró.

Remove ads

Palmarés

Máis información Título, Club ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads