Ranger 4

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ranger 4
Remove ads

Ranger 4 foi a segunda sonda do Bloque II do programa Ranger da NASA pensado para enviar sondas non tripuladas á Lúa e fotografar a súa superficie antes de impactar nela. Foi lanzada mediante un Atlas-Agena B o 23 de abril de 1962 desde a plataforma LC-12 do Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

Ranger 4, ao igual que a súa predecesora Ranger 3, foi enviada a impactar contra a superficie lunar e comezar a fotografala dez minutos antes do choque. A bordo levaba unha cápsula que debería ter soportado o impacto e depositado un sismómetro na superficie. A súa misión tamén incluía medir a radiación gamma no espazo interplanetario, estudar a reflectividade do radar na superficie lunar e seguir facendo probas técnicas para desenvolver mellores sondas interplanetarias.[2][3][5][6]

Remove ads

A nave

A sonda foi a segunda cun deseño do denominado Bloque II, unha mellora das Ranger previas do Bloque I. Estaba formada por unha base hexagonal de 1,5 m de diámetro sobre a cal se atopaba unha estrutura cónica de aluminio de 3,1 m de alto coroada por unha esfera de 65 cm de diámetro formada no seu exterior por madeira de balsa e contendo no seu interior un sismómetro que debería quedar pousado na superficie lunar tras o impacto da nave. Ranger 4 levaba tamén un motor para corrección de rumbo e outro para retrofreado. A enerxía eléctrica era proporcionada por dous paneis solares que lle daban á nave unha envergadura de 5,2 m; a enerxía almacenábase nunha batería de prata-cinc de 11,5 kg de peso e 1000 vatios-hora. Acaroada á base atopábase unha antena parabólica de alta ganancia, mentres que o resto de instrumentos repartíanse entre a base e o cono. A bordo atopábase tamén unha antena omnidireccional de media ganancia. As comunicacións corrían a cargo de dous transmisores funcionando a 960 MHz, un cunha potencia de 3 W e outro de 50 mW. O control de actitude era proporcionado por un controlador de estado sólido, por sensores solares e terrestres e por varios por chorros de control. O control térmico era pasivo, mediante recubrimentos dourados, pintura branca e superficies de aluminio puído.[2][5][6]

Remove ads

Instrumentos

Ranger 4 levaba a bordo varios insrumentos:[2][5][6]

  • Unha cámara Vidicon de televisión.
  • Un espectrómetro de raios gamma montado nun mastro de 1,8 m de lonxitude.
  • Un altímetro radar.
  • Un sismómetro a ser deixado na superficie lunar tras o impacto, alimentado por seis baterías de prata-cadmio e cun transmisor de 50 mW. Debería ter aterrizado na Lúa a entre 130 e 160 km/h tras separarse do resto da nave momentos antes do impacto.

Perfil da misión

Ranger 4 foi inxectada nunha traxectoria de impacto contra a Lúa sen problemas, ao contrario que Ranger 3. De tódolos xeitos, debido a un erro nun temporizador da nave os paneis solares nunca se despregaron. Os instrumentos de a bordo deixaron de funcionar ás dez horas de voo por falta de subministración eléctrica. A nave puido ser seguida polo transmisor de 50 mW da cápsula de impacto. Ranger 4 impactou contra o lado oculto da Lúa a 9600 km/h o 26 de abril de 1962 ás 12:49:53 UT despois de 64 horas de voo.[2][5][6]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads