Rea Silvia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rea Silvia
Remove ads

Rea Silvia (en latín, Rhēa Silvĭa), tamén denominada Illia (en latín, Īlĭa) e coñecida por outros nomes como Servília, (latín: Servilia) e Emília (latín; Aemilia),[1] era filla do rei Numitor, fíxose vestal cando o seu tío Amulio destronou o seu pai.

Thumb
Rea Silvia representada nun sarcófago.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

As vestais estaban obrigadas a garda-lo voto de castidade, polo cal Rea Silvia non podería ter descendencia e a permanencia de Amulio no trono non peligraba. Aínda así procreou dous fillos, Rómulo e Remo. Xeralmente admítese que Rea Silvia foi amada polo deus Marte, co cal tivo ós xemelgos, aínda que algúns autores atribúen a paternidade destes a un amante accidental. Ó decatarse Amulio disto, fixo meter no cárcere a Rea Silvia e botar ós xemelgos nunha cesta ó río Tíber. Escapou dunha morte segura grazas a súa prima Anto. Existen varias versións sobre o seu fin. Uns sosteñen que morreu despois do parto, outros que os malos tratos foron motivo da súa morte e, finalmente, tamén se di que os seus propios fillos a liberaron,despois de vingarse de Amulio.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads