Real Academia de Ciencias Morais e Políticas

Academia de Ciencias Sociais en España From Wikipedia, the free encyclopedia

Real Academia de Ciencias Morais e Políticas
Remove ads

A Real Academia de Ciencias Morais e Políticas (en español, Real Academia de Ciencias Morales y Políticas), creada en 1857, é unha das oito Reais Academias que hai en España e que forman o Instituto de España (xunto coa Real Academia Española, Real Academia da Historia, Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Real Academia Nacional de Medicina, Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e a Real Academia Nacional de Farmacia).

Thumb
Escudo da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas

A Academia é un foro de encontro de personalidades relevantes nas ciencias sociais, económicas, filosóficas políticas e xurídica que se configura coma un espazo de debate sobre ideas e cuestións centrais da nosa sociedade, coma un centro difusor de coñecemento e coma un laboratorio de investigación e de crítica.

Remove ads

Traxectoria

Creouse aos vinte días despois de aprobar a Lei de Instrución Pública mediante un Real Decreto do 30 de setembro de 1857 durante o reinado de Isabel II de España.

O propósito desta institución era "cultivar a ciencia moral e política",[1][2] e o seu obxectivo era reunir todo o movemento político e social da época, arredor dun modelo semellante ao inspirado pola Real Academia da Historia. Daquela, fóronse incorporando membros destacados da era isabelina como o progresista Salustiano de Olózaga Almandoz ou os máis moderados Juan Bravo Murillo e Modesto Lafuente y Zamalloa, xunto con investigadores en ciencias sociais.

A directiva da Academia está composta por un presidente e outros cinco membros que exercen funcións executivas e aseguran o cumprimento dos estatutos e regulamentos. A Xunta está composta por académicos e as súas funcións son a elección da directiva e do seu presidente por un período de tres anos e distribuír aos académicos nas comisións e seccións, que en 2006 foron as de ciencias filosóficas, ciencias políticas e xurídicas, ciencias sociais e ciencias económicas. Ademais das permanentes, a Academia pode crear comisións provisionais para temas específicos e posúe unha biblioteca con máis de cen mil volumes.

A súa sede está situada dende a súa fundación en Madrid, na Casa y Torre de los Lujanes (o edificio civil máis antigo de Madrid),[3] na que, nos primeiros anos compartiu os espazos coa Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e coa Real Sociedad Económica Matritense de Amigos del País.[4]

Ao longo da súa historia foron membros da Academia políticos e xuristas como Francisco Martínez de la Rosa, Antonio Alcalá Galiano, Antonio Cánovas del Castillo, o Conde de Toreno, Julian Besteiro, Faustino Rodríguez-San Pedro, Manuel Fraga Iribarne, Manuel Jiménez de Parga, Gregorio Peces-Barba e outras personalidades de diferentes especialidades en ciencias sociais como Antonio Cavanilles y Centi, Marcelino Menéndez Pelayo, José Ortega y Gasset, Joaquín Ruiz-Giménez Cortés, Salvador de Madariaga ou Enrique Fuentes Quintana .

Desde xaneiro de 2015 está presidida por Juan Velarde Fuertes.

Remove ads

Académicos numerarios

(Datos de agosto de 2015) [5]

Máis información Medalla nº, Nome ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads