Real Balompédica Linense
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Real Balompédica Linense é un club de fútbol español da cidade de La Línea de la Concepción, na provincia de Cádiz. Foi fundado en 1912 e actualmente xoga na Segunda División B Española, categoría á que ascendeu en 2011 desde a Terceira División.
Remove ads
Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta branquinegra a raias verticais, pantalón branco e medias brancas.
- Uniforme secundario: Camiseta azul, pantalón azul e medias azuis.
Estadio
- Artigo principal: Estadio Municipal de La Línea de la Concepción.
O estadio da Real Balompédica Linense é o Estadio Municipal. Foi construído en 1969 cun esmerado deseño que o dotou dunhas magnificas características técnicas. Co paso dos anos a deterioración das instalacións fíxoo incómodo e anticuado. Nunha remodelación parcial das súas instalacións, realizada no 2003, se acodicionaron os locais pertinentes para situar neles a sede da Real Balompédica Linense á vez quese construíu unha cafetería e un restaurante. A mediados de 2009 comezou a implantación dunha superficie de céspede artificial no feudo balono, polo cal, o equipo tivo que disputar o seu primeiro encontro como local no municipal de Los Barrios.
No estadio sitúase a sala de trofeos do club, chamada sala de Trofeo Francis Negrón, e as salas de prensa e oficinas.
O aforamento da instalación é aproximadamente de 4.500 espectadores en tribuna, 6.000 en preferencia, e 4.500 en cada fondo; en total aproximadamente uns 19.500 espectadores.
Remove ads
Datos do club
Palmarés
- Subcampión da Segunda División B Española (1): 2011-12
- Terceira División Española (2): 2005-06, 2010-11
- Subcampión da Terceira División Española (1): 2004-05
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads