Reboot
Novo comezo para un universo de ficción From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Nos seriais de ficción, o termo "reboot" (en galego: reinicio) fai referencia a un novo comezo para un universo ficticio, obra ou serie de ficción.[1][2] Un reboot rexeita a continuidade, para recrear os personaxes, as tramas e o fondo dende o principio. Descríbese como unha forma de "reconsiderar"[3] ou "volver a iniciar un universo ficticio xa establecido".[1]
Para a serie de animación canadense véxase: ReBoot.

Outra maneira de definir un reboot é consideralo coma un remake dunha serie cinematográfica ou calquera outra saga.[4] O termo foi cuestionado por resultar vago e "confuso",[5] "estar de moda"[6] e por ser outra maneira de referirse a un remake,[7][8] non obstante pódense establecer distincións entre reboot, remake e retcon.[9]
Remove ads
Orixe do termo
A palabra é de orixe recente, procede do inglés, de onde deriva á súa vez do termo informático reboot (reinicio).[1][2]
Tipos
| “ | Supoñamos que tes 187 números de "The Incredible Hulk" e decides que queres presentar un novo número 1. Aparentas como se eses primeiros 187 números nunca sucederan e comezas a historia dende o principio, limpas o encerado, e ninguén se estraña. Un dos motivos polos que se fai é porque, despois de 10 anos contando a mesma historia, queda anticuada e os tempos cambian. Así que fixemos o equivalente cinematográfico dun reboot, de tal xeito que conformándoo dende o principio estás afastándote instantaneamente de calquera cousa anterior. | ” |
— David S. Goyer, referíndose a Batman empeza (2005).[10] | ||
Os reboots eliminan os elementos non esenciais asociados a unha serie previamente establecida e comézana de novo, descompoñéndoa ata os elementos centrais que fixeron popular o orixinal.[11] Os reboots permítenlle ó público descoñecedor dos títulos precedentes un acceso máis sinxelo a unha serie determinada.[11]
Banda deseñada
En banda deseñada, a continuidade dun título duradeiro pódese suprimir para empezar de novo dende o principio, permitíndolle ós autores redefinir personaxes, proporciona a ocasión de crear novas historias e posibilita que o título atraia a novos lectores.[1][12] Nos cómics ás veces utilízase algún pretexto para explicar un reboot, como a fusión de mundos paralelos ou liñas de tempo, ou simplemente se destrúe un universo ficticio para recrealo dende o principio.[13][14][15]
Cine
Mediante un reboot, os cineastas renovan e impulsan unha serie de filmes para atraer novos seguidores e aumentar os ingresos.[2][10] Un reboot pode renovar o interese nunha serie cinematográfica que quedara desfasada.[16] Os reboots representan un proxecto seguro para os estudos cinematográficos, xa que contan cunha base de seguidores, polo que son menos arriscados (en termos de recadación) que un traballo enteiramente orixinal e, por outra banda, permiten que os estudos de cine busquen novo público[17] e que ós directores e produtores escollan actores máis novos para atraer espectadores máis mozos.[Cómpre referencia]
Televisión
En televisión, un reboot pode significar a volta á produción dunha serie de televisión despois dun tempo trala súa cancelación,[18][19] non obstante, tamén pode entenderse como unha nova versión dunha serie precedente.[20][21]
Un concepto relacionado é o "retooling" (reestruturación), cando unha serie cambia substancialmente a súa premisa mentres se continúa emitindo, mantendo ó mesmo tempo algúns dos personaxes principais, xeralmente como un intento de incrementar a audiencia e evitar cancelacións.[22]
Videoxogos
Os reboots son habituais na industria dos videoxogos.[11] Os reboots nos videoxogos utilízanse para actualizar a historia e os elementos do xogo e para aproveitar a tecnoloxía e as funcións que non estaban dispoñibles cando os sacaron con anterioridade.[11]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
