Receptor de proxesterona
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O receptor de proxesterona (RP, ou PR do inglés: progesterone receptor) tamén coñecido como NR3C3 (receptor nuclear subfamilia 3, grupo C, membro 3), é unha proteína situada dentro das células. É activada pola hormona esteroidea proxesterona.
Receptor de proxesterona | |
Identificadores | |
Símbolo | PGR |
HUGO | 8910 |
OMIM | |
PDB | 1A28 1E3K, 1SQN, 1SR7, 1ZUC, 2C7A, 2OVH, 2OVM, 2W8Y, 3D90, 3G8N, 3G8O, 3HQ5, 3KBA |
RefSeq | NM_000926.4 |
UniProt | P06401 |
Outros datos |
![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Remove ads
Función
A proxesterona é necesaria para inducir os receptores de proxesterona. Cando non hai hormona de unión presente o terminal carboxilo inhibe a transcrición. A unión dunha hormona induce cambios estruturais que remove a acción inhibitoria. Os antagonistas de proxesterona preveñen as reconfiguración estrutural.
Despois de que a proxesterona se une ó receptor, séguelle unha reestruturación con dimerización e o complexo entra ó núcleo e únese co ADN. Alí ten lugar a transcrición, o que resulta na formación do ARN mensaxeiro que se traduce polos ribosomas para producir proteínas específicas.
Remove ads
Estrutura
Do mesmo xeito que outros receptores esteroideos, o receptor de proxesterona ten un dominio regulatorio N-terminal, un dominio de unión ó ADN, unha sección de articulación, e un ligando dominio de unión C-terminal. Unha función activadora da transcrición (TAF) especial, chamada TAF-3, está presente no receptor de proxesterona-B, nun B-segmento augas arriba no terminal amino ácido. Este segmento non está presente no receptor-A.
Remove ads
Isoformas
Como se demostrou en ratos deficientes en receptores de proxesterona, os efectos fisiolóxicos da proxesterona dependen completamente da presenza do receptor de proxesterona humano (hPR), un membro da superfamilia de esteroides-receptor dos receptores nucleares. A copia única humana do xene (hPR) emprega promotores e sitios de inicio de tradución separados para producir dúas isoformas, hPR-A e -B, que son idénticas agás por un adicional de 165 amino acedos presentes só no N-terminal do hPR-B. AMalia que o hPR-B comparte moitos dominios estruturais importantes co hPR-A, en realidade ambos son dous factores de transcrición funcionalmente distintos, que median os seus propios xenes de resposta e efectos fisiolóxicos con poucas coincidencias.[1] A ablación selectiva do PR-A nun modelo de rato, resultando na produción exclusiva de PR-B, revelou inesperadamente que o PR-B contribúe a, no canto de inhibir, a proliferación de células epiteliais tanto en resposta a estróxenos sós e en presenza de proxesterona e estróxeno. Estes resultados suxiren que no útero, a isofomra PR-A é necesaria para oporse á proliferación inducida por estróxenos como tamén a proliferación PR-B-dependente.
Polimorfismos funcionais
Seis sitios variables, incluíndo catro polimorfismos e cinco haplotipos comúns identificáronse no xene de PR humano.[2] Un promotor polimorfismo de rexión, +331G/A, crea un sitio de inicio de transcrición único. Ensaios bioquímicos mostraron que o polimorfismo +331G/A aumenta a transcrición do xene PR, favorecendo a produción de hPR-B nunha liña celular de cancro endometrial Ishikawa.[3]
Varios estudos demostraron que non existe asociación entre o xene polimorfismos +331G/A do receptor de proxesterona e o cancro de mama ou de endometrio.[4][5] Porén, estes estudos de seguimento carecían do tamaño de mostra e o poder estatístico para sacar conclusións definitivas, debido á rareza da SNP +331A. Descoñécese que polimorfismos neste receptor son de importancia para o cancro.
Remove ads
Antagonistas
Os receptores de proxesterona traballan como antiproxestáxenos. O exemplo principal é a mifepristona. Os moduladores selectivos dos receptores de proxesterona tamén poderían ter máis ou menos actividade antagonista. Antagonistas do PR adicionais inclúen: onapristona (ZK98299), lonaprisan (ZK230211, BAY86-5044), APR19, EC304, WAY-255348, ORG31710, asoprisnil (J867), telapristona (Proellex, CDB-4124), e CDB-2914 (acetatos de ulipristal).[6]
Remove ads
Interaccións
O receptor de proxesterona demostrouse que interactúa con:
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads