Reconquista de Vigo
asedio a Vigo durante a guerra da Independencia Española From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Chámase Reconquista de Vigo ao alzamento popular que, no contexto da Guerra da Independencia española, ocorreu en Vigo o 28 de marzo de 1809, cando as tropas do exército do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte saíron da vila. Os vigueses, encabezados polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” conseguiron expulsar os galos da vila, converténdose na primeira de Europa en facelo. Por estes feitos, o rei Fernando VII outorgou en 1810 o título de cidade “fiel, leal e valorosa”.
Remove ads
Antecedentes
- Véxase tamén: Batalla de Elviña.
O 3 de xaneiro de 1809 entran as tropas francesas en Galicia, sen apenas resistencia. O exército inglés dirixido por John Moore embárcase para Inglaterra. O exército do Marqués de la Romana agóchase en Ourense. Os franceses entran na Coruña o 18 de xaneiro, en Santiago de Compostela o día 20, o 21 en Pontevedra, o 26 en Ferrol e o 31 en Vigo.[3]
Descrición
O 27 de marzo de 1809 os galegos ocupados no asedio de Vigo proclaman a Morillo coronel. Este rápido ascenso débese á perentoria necesidade de ter un xefe único deste rango, condición que exixía o coronel francés Jacobo Antonio Chalot para entregarse. En Vigo intimida ao comandante francés e mantén conversacións co capitán de fragata británico, comandante encargado do bloqueo marítimo na ría de Vigo. O 28 de marzo os homes ao mando de Morillo atacaron as portas de Vigo e, en dúas horas, lograron que os franceses entregasen a cidade. Tras a capitulación, Chalot, 45 dos seus oficiais e máis de 1.200 soldados quedaron prisioneiros; tamén quedaron en poder de Morillo os pertrechos e a tesouraría gala, que ascendía a uns 150.000 francos-ouro.[4]
Remove ads
Legado
O nome de dúas rúas da cidade conmemoran os feitos, a Rúa Victoria e a Rúa Reconquista[5] e un monumento aos heroes da Reconquista, obra de Julio González-Pola y García,[6] foi inaugurado na Praza de España en 1947[7] e, máis tarde, trasladado á Praza da Independencia.[8]
Tódolos anos celébrase a Festa da Reconquista,[9] festivo local non laborable, con representacións e outras actividades na rúa, música popular, obradoiros e postos de comida e artesanía a xeito de feira.
Galería de imaxes
- O capitán Bernardo González ‘’Cachamuíña’’.
- Joaquín Tenreiro Montenegro.
- O capitán Pablo Morillo, ascendido a coronel no transcurso dos sucesos.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads