Recurvirostra
xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Recurvirostra é un xénero de aves da orde dos caradriformes, que é o tipo da familia dos recurvirróstridos.
Remove ads
Características
As especies do xénero Recurvirostra teñen patas longas e moven dos seus picos, longos, delgados e curvados cara a arriba, e dun lado para outro cando se alimentan nas zonas húmidas, salobres ou salinas nas que habitan. A súa plumaxe é de varias cores.
Os membros deste xénero teñen as patas palmadas e nadan facilmente. A súa dieta consiste en insectos acuáticos e outros pequenos animais. En contornas como os estuarios, poden alimentarse nos lodos das marismas costeiras.
Aniñan no solo, en colonias.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
O xénero foi descrito en 1758 por Linneo, na páxina 151 do volume 1 da 10ª edición do seu Systema Naturae que, daquela, incluía unha soa especie, Recurvirostra avosetta, a avoceta común.[1]
Etimoloxía
O nome científico do xénero, Recurvirostra, está formado pola unión dos elementos ''recurvi- e -rostra, tirados do latín clásico o adxectivo recurvus, -a, -um, "dobrado" ou "curvado cara a atrás", e o substantivo rostrum, -i, "bico de ave".[2] Literalmente: "as do bico curvado".
Especies
O xénero comprende catro especies.[3][4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads