Red Cliff

filme épico chinés From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Red Cliff (en chinés: 赤壁, Chì Bì) é un filme épico chinés dirixido por John Woo que se estreou en dúas partes no 2008 e no 2009. Baséase na Batalla dos Cantís Vermellos (-208 e -209) e os eventos do fin da Dinastía Han e inmediatamente anterior ó período dos Tres Reinos na China antiga. Está protagonizado por Tony Leung, Takeshi Kaneshiro, Zhang Fengyi, Chang Chen, Hu Jun, Lin Chi-ling e Zhao Wei. Foi o primeiro gran filme de Woo dende Paycheck (2003)[1] e foi o seguinte en lingua chinesa dende Hard Boiled (1992),[2] que tamén protagonizou Leung.

Datos rápidos Autoría, Temática ...

Na China e en Asia, Red Cliff foi estreado en dúas partes, que fan máis de 4 horas de duración (288 minutos). A primeira parte (146 minutos) estreouse en Pequín o 2 de xullo de 2008 e a segunda (142 minutos) foi estreada na China o 7 de xaneiro de 2009. Fóra de Asia, unha única versión de 148 minutos foi estreada no 2009. Porén, a versión en dúas partes lanzouse en DVD e Blu-ray no Reino Unido o 5 de outubro de 2009,[3] e nos Estados Unidos e no Canadá o 23 de marzo de 2010.[4]

Cun orzamento estimado en US$80 million, Red Cliff é o máis caro filme asiático da historia.[5] A primeira parte recadou US$124 millóns en Asia[6] e superou o récord anterior de Titanic na China.[7]

Remove ads

Sinopse

Na China, cara ao final da Dinastía Han (208 d.C.) Cao Cao, o temíbel Primeiro Ministro (e gobernante de facto) convence ó Emperador Xian de Han de que declare a guerra ós reinos de Xu, ó oeste e ó leste, e o reino de Wu, ó sur. O seu obxectivo, segundo din, á a de unificar China polo ben do país, pero, en realidade, os seus motivos son bastante máis egoístas. Tras convencer ó Emperador, Cao Cao leva ó seu exército de case un millón de soldados á guerra. O seu primeiro obxectivo é o Reino de Xu, de recente creación, gobernado polo benevolente líder Liu Bei. Ó chegar ó Reino de Xu, as forzas de Cao Cao, superiores numéricamente, derrotan doadamente ó exército de Liu Bei. Os cidadáns de Xu foxen baixo a protección das tropas de Liu Bei e dos seus dous xenerais de maior rango (e irmáns de sangue): Guan Yu e Zhang Fei, que quedan atrás a risco das súas propias vidas para salvar ós campesiños que tentan escapar.

Remove ads

Personaxes

Personaxes principais

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads