Red Hat Enterprise Linux

From Wikipedia, the free encyclopedia

Red Hat Enterprise Linux
Remove ads

Red Hat Enterprise Linux (RHEL) é unha distribución de Linux que crea Red Hat e que está deseñada para o mercado empresarial. A súa versión para servidores libérase para x86, x86-64, Itanium, PowerPC e IBM System z; e a de escritorio para x86 e x86-64. O nome desta distribución adóitase abreviar como RHEL mais non é o seu nome oficial.[1] O soporte e a formación oficial que ofrece Red Hat, como o seu programa de certificación de Red Hat céntranse nesta plataforma, a RHEL.

Non confundir con Red Hat Linux ou Fedora
Datos rápidos Instancia de, Obra derivada ...
Remove ads

A primeira versión de RHEL lanzouse ao mercado como "Red Hat Linux Advanced Server". No 2003 Red Hat cambióuselle o nome de "Red Hat Linux Advanced Server" a "Red Hat Enterprise Linux AS" e engadiulle as variantes "Red Hat Enterprise Linux ES" e "Red Hat Enterprise Linux WS".

A marca de Red Hat restrinxe a redistribución gratuíta das súas versións de Red Hat Enterprise Linux [2] mais libera o código na súa totalidade. As derivadas de "Red Hat Enterprise Linux" desenvólvense retirando as compoñentes non libres como a imaxe de Red Hat. Un caso disto é CentOS, que se constrúe empregando RHEL e a mantén a súa propia comunidade. Outro é Oracle Linux, un fork de Oracle que non é totalmente compatible con RHEL.

Remove ads

Historial de versións

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads