Reduncinos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Reduncinos
Remove ads

A dos reduncinos ou redunquinos[1] (Reduncinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, que comprende 2 xéneros cunhas 10 especies de pequenos antílopes africanos,[2] que son coñecidos como cobos e reduncas.

Máis información Reduncinos / RedunquinosReduncinaeCobos e reduncas Rango fósil: mioceno tardío - actualidade, Clasificación científica ...

Habitan en África, en zonas pantanosas ou preto da auga.[3]

Estes antílopes apareceron por primeira vez no rexistro fósil hai 7,4 millóns de anos (MA) en Eurasia e hai 6,6 MA en África.

Remove ads

Características

Os reduncinos son antílopes de tamaños variados (hainos pequenos, medianos e grandes), os máis deles de constitución pesada
Teñen os cornos ben desenvolvidos (só presentes nos machos), curvados cara a atrásna base, despois cara a arriba e, finalmente, cara a adiante nos extremos; os cornos nunca aparecern retortos, pero si anelados.
Teñen os belfos espidos.[3]

A maioría das especies viven en zonas pantanosas, ás veces mesmo debaixo da auga, en chairas aluviais, terras anegadas ou noutras áreas ben irrigadas, nunca lonxe da auga, aínda que tamén algúns habitan en montes pedregosos.[4] ou preto da auga.

Todos son principalmente herbívoros.[3]

Remove ads

Clasificación

A subfamilia foi establecida en 1907 poolo zoólogo alemán Theodor Knottnerus-Meyer, na súa obra Über das Tränenbein der Huftiere: vergleichend-anatomischer Beitrag zur Systematik der rezenten Ungulata.

Xéneros e especies

Segundo Wilson & Reeder en Mammals Species of rhe World (MSW), a subfamilia comprende 3 xéneros con 10 especies:

Subfamilia Reduncinae
  • Xénero Kobus
    • Kobus anselli[5]
    • Kobus ellipsiprymnus
    • Kobus kob
    • Kobus leche
    • Kobus megaceros
    • Kobus vardonii
  • Xénero Pelea
  • Xénero Redunca
    • Redunca arundinum
    • Redunca fulvorufula
    • Redunca redunca

Porén, o NCBI separa o xénero Pelea,[6] coa súa especie Pelea capreolus, para a subfamilia dos Peleinae,[7] á parte de non considerar, dentro de Kobus, a especie Kobus anselli:

Subfamilia Reduncinae
  • Xénero Kobus
    • Kobus ellipsiprymnus
    • Kobus kob
    • Kobus leche
    • Kobus megaceros
    • Kobus vardonii
  • Xénero Redunca
    • Redunca arundinum
    • Redunca fulvorufula
    • Redunca redunca

Nota: A posición sistemática do xénero Pelea é moi discutila. Para maior información, véxase antílope caprino, Pelea capreolus.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads