ProQuest RefWorks
xestor bibliográfico en liña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
ProQuest RefWorks, coñecido anteriormente como RefWorks é un xestor bibliográfico en liña para organizacións corporativas, académicas e gobernamentais. Este software comercial de xestión bibliográfica é utilizado por máis de 900 organizacións a nivel mundial.[Cómpre referencia] Dá soporte a un número crecente de bases de datos. RefWorks colabora con provedores como ProQuest, HighWire, EBSCO, ISI e BioOne. Foi creado no 2001 e o programa e demais produtos foron comercializados por Cambridge Scientific Abstracts dende o 2002 ata ser adquirida por ProQuest no 2008.[1] O 18 de xaneiro de 2016 saíu ao mercado unha versión nova da aplicación web, chamada ProQuest Refworks. A versión orixinal pasou a chamarse Legacy RefWorks e mantívose dispoñible para a migración cara a nova ata xaneiro de 2018.[2]
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente desde a última vez que se editou, que foi en novembro de 2020. |
Remove ads
Características
As referencias bibliográficas das bases de datos dos usuarios de Refworks son almacenadas en liña de modo que se poden actualizar ou se pode acceder a elas a través dunha conexión a Internet. Moitas bases de datos bibliográficos implementaron a posibilidade de exportar referencias directas a Refworks: Google Scholar, JSTOR, WoS e Scopus, entre outras moitas.[Cómpre referencia] Para utilizar o software están dispoñibles tanto licenzas individuais como licenzas institucionais que permiten ás universidades subscribir abonamentos por conta dos seus estudantes e para o seu persoal. Ás bases de datos que conteñen as referencias son accesibles en liña, permitindo deste xeito ós usuarios gardarnovas referencias dende calquera computador conectado a Internet. RefWorks facilita a importación directa de referencias bibliográficas dos maiores motores de busca e bases de datos académicas [3][4].
O complemento Write-n-Cite precisa ser instalado para crear bibliografías en Google Docs e en Microsoft Word. En comparación con EndNote, RefWorks ten unha interface máis simple e é intuitiva. A diferenza doutros sistemas de xestión de citas, pódese adquirir a través de institucións e ser posta a disposición dos usuarios gratuitamente. Write-N-Cite permite integrar referencias desde a conta de Refworks en documentos escritos co procesador de textos de Microsoft Word, incluíndo notas a pé e citas no texto. As bibliografías pódense formatear en MS Word e Google Docs.
RefWorks non pode recuperar versións de texto completo de artigos de revistas, a diferenza de EndNote. Non ten a capacidade de crear listas de gráficos e cifras con formato. Co produto RefMobile pódese acceder dende terminais móbiles.[5] Pódese utilizar con iPads, mais a funcionalidade é limitada. No entanto, pódese utilizar para almacenar e anotar PDFs. Permite tamén a migración dos datos a Mendeley.[6]
Remove ads
Utilidades
- Facer unha base de datos persoal que almacene referencias bibliográficas, tanto se son introducidas manualmente como se son importadas de bases de datos.
- Xestionar as referencias: clasificalas e ordenalas en carpetas.
- Elaborar automaticamente bibliografías en diferentes formatos (Chicago, MLA etc.) coas referencias agrupadas. Tamén permite exportalas a un documento de texto.
- Compartir as referencias tanto con usuarios de Refworks como con outros usuarios que non estean dados de alta en Refworks.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads