Refectorio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Refectorio
Remove ads

Refectorio[1] é o cuarto que nas comunidades relixiosas e nalgúns colexios se emprega como comedor[2]. Todos os mosteiros adoitan ter un refectorio onde os freires fan o xantar, e xeralmente ten forma rectangular, e se acha situado na galería oposta á igrexa.

Thumb
Bóveda de cruzaría do refectorio no Mosteiro de Oseira.

Disposición

As mesas están aliñadas ao longo das paredes. Os monxes instálanse segundo o seu rango de antigüidade; a mesa do prior, na cabeceira, presida ás demais. Os xantares desenvólvense en silencio, roto tan só polas lecturas da Biblia que realizan, xeralmente desde un púlpito, por un dos freires. Adóitase acceder a esta sala polo claustro ou dende a cociña.

É unha sala bastante importante xa que os monxes pasan moito tempo nela a comer, cear ou almorzar. É crucial o silencio durante os xantares para non interromper a lectura da Biblia, de xeito que mentres os freires congregados alimentan os seus corpos coa comida, alimentan así mesmo a súa alma coa palabra de Deus.

Remove ads

Usos

Todos os relixiosos encóntranse nesta gran sala para as dúas (ou tres) comidas do día. Antes de pasar ao refectorio os monxes lavan as mans e entran en silencio, pregan en voz alta antes de tomar asento e mentres comen escoitan as lecturas.

Notas

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads