República Centroafricana
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A República Centroafricana[1][2] (en francés: République centrafricaine) é un país situado no centro de África. Limita co Chad ao norte, con Camerún ao oeste, coa República do Congo e a República Democrática do Congo ao sur, e con Sudán ao leste.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Remove ads
Historia e política
- Artigo principal: Historia da República Centroafricana.
Os franceses colonizaron a rexión a fins do século XIX. Durante a segunda guerra mundial, a colonia uniuse ás forzas aliadas.
Foi colonia francesa até 1960, cando obtivo a independencia. O seu primeiro presidente (David Dacko) organizou un autogolpe de estado e instaurou unha ditadura. En 1966 o xeneral Jean-Bédel Bokassa fixo un golpe de estado e autonomeouse presidente vitalicio e Mariscal da República. O 4 de decembro de 1976 Bokassa autoproclamouse Emperador e fundou o Imperio Centroafricano. En 1979, durante unha viaxe ó estranxeiro, Bokassa foi deposto e volveu á República.
En 1981 David Dacko volveu gaña-las eleccións, pero logo foi derrocado polo golpe militar do xeneral André Kolingba. En 1987 Bokassa volveu ó país e foi condenado a morte, o ano seguinte, o presidente Kolingba conmutou a sentenza por cadea perpetua.
O 2 de xullo de 1991 comezou un novo proceso constituínte para dar paso ó posterior multipartidismo. O 15 de marzo do 2003, François Bozizé chegou ó goberno grazas a un golpe de estado.
Remove ads
Subdivisións
- Artigo principal: Subdivisións da República Centroafricana.
A República centroafricana está composta de 14 prefecturas e 2 prefecturas económicas. As 14 prefecturas son Bamingui-Bangoran, Base-Koteto, Alta-Koteto, Alta-Sangha, Alto-Mbomou, Kemo-Gribingui, Lobaye, Mbomou, Nana-Mambere, Ombella-Mpoko, Ouaka, Ouham, Ouham-Penda e Vakaga. As dúas prefecturas económicas son Gribingui e Sangha. Bangui ten o estatuto de concello.
Remove ads
Xeografía
- Artigo principal: Xeografía da República Centroafricana.
A República centroafricana é un país enclavado. O Monte Ngaoui, cos seus 1.420 m, é o punto máis alto. O subsolo contén diamantes, uranio e ouro. O petróleo e maila enerxía hidroeléctrica son outros recursos importantes.
O país sofre de inundacións e de deforestación.
Economía
- Artigo principal: Economía da República Centroafricana.
O ingreso por habitante era de 310 dólares no 2000. A agricultura representa o 55% do PIB. Os principais cultivos son as bananas, o millo, o café, o algodón e o tabaco.
Demografía
- Artigo principal: Demografía da República Centroafricana.
O país conta con máis de oitenta etnias falando cadansúa lingua diferente.

Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads