Requinta

From Wikipedia, the free encyclopedia

Requinta
Remove ads

A requinta é un tipo de frauta travesa típica de Galicia, máis especificamente das Terras do Ulla.

Datos rápidos

Orixe

A requinta apareceu en Galicia a comezos do século XIX como instrumento de acompañamento da gaita galega. Adoitaba tocarse en conxuntos denominados "gaitas" ou "requintas", principalmente nas terras do tramo medio do río Ulla.[1] Existen diversas hipóteses sobre a súa orixe, a súa chegada coas tropas napoleónicas durante a francesada, unha modificación local ideada para os músicos da catedral de Santiago, a introdución por algún peregrino a Santiago etc. É case seguro que o instrumento como hoxe se coñece fose conformado no obradoiro dos García de Riobó[2], pois del saíron a práctica totalidade das requintas conservadas.[3]

Remove ads

Características

O son da requinta prodúcese unha oitava por riba do da gaita, e deste feito deriva o seu nome, pois os gaiteiros chaman “requintear” a tocar na oitava máis aguda do seu instrumento.[4] A súa principal afinación é o fa#, para poderen acompañar as gaitas afinadas en Si natural, existindo tamén as afinadas en Sol, para o acompañamento de gaitas en Do.

A construción das requintas é artesanal, e a madeira empregada adoita se-lo buxo, aínda que non é infrecuente atopalas noutras madeiras nobres, como o granadillo, ou doutras moito máis cativas como a hedra. Está composta de cinco pezas aneladas en alpaca, latón, ou ás veces en prata. A primeira peza leva a embocadura e a rosca de afinación, e a derradeira adoita levar unha chave que aumenta o cromatismo do instrumento, e resulta fundamental para afina-las notas na terceira oitava.[1]

No ano 2017, publicouse un libro-cd que reúne en máis de 80 partituras transcritas, o primeiro cancioneiro de música do repertorio dos grupos tradicionais que empregaban nas súas formacións a requinta da Ulla, traballo feito por Rafael Carracedo Crespo na editorial Embora e coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.[5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads