Rial iemení
unidade monetaria da República do Iemen From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O rial iemení (en árabe: ريال يمني –Riyāl Yamanī–; código: YER) é a unidade monetaria da República do Iemen, teoricamente dividida en 100 fils, aínda que a moeda divisionaria non ten especia física desde a unificación do país, en 1990.[2][3][4]
Rial iemení | |
---|---|
ريال يمني en árabe | |
Código: | YER |
Ámbito: | ![]() |
Símbolo: | |
Fracción: | 100 fils (non vixente) |
Moedas: | 1, 5, 10 e 20 riais. |
Billetes: | 5, 100, 200, 250, 500 e 1.000 riais. |
Emisor: | Banco Central do Iemen. |
Taxa de troco: 30-4-2020 [1] | 1 EUR = 271,79 YER 1 USD = 250,00 YER |
Remove ads
Historia
Nos séculos XVIII e XIX, o termo rial (ou riyal) asociábase tradicionalmente ao tálero de María Tareixa, moeda de uso internacional que tiña ampla circulación no Iemen por mor do comercio do café cos franceses.[5]

Á medida que o Iemen se desenvolvía economicamente comezou a implantar a súa propia moeda local. Logo da unión de 1990 entre o Norte (a República Árabe do Iemen) e o Sur (a República Democrática Popular do Iemen), as moedas de ambos os territorios, o rial e o dinar, respectivamente, seguiron a ter curso legal durante un período de transición, cunha taxa de cambio de 26 riais por cada dinar.[4]
O 11 de xuño de 1996, as moedas do sistema do dinar foron retiradas da circulación, tres anos despois de que se emitiran as primeiras moedas oficiais da República do Iemen, xa unida.
O valor do rial iemení caeu drasticamente con respecto ao dólar estadounidense na súa primeira década, desde os 20 riais por dólar a ata os 215, e desde entón mantívose estable durante anos.
Remove ads
Moedas
Cando o Iemen se unificou, no territorio do Norte circulaban xa moedas con denominacións de 1, 5, 10, 25 e 50 fils, e de 1 rial.[6]
As moedas con valores faciais en fils desapareceron de camiño da circulación e, en 1993, o Banco Central do Iemen actualizou as moedas dun rial e introduciu as de 5 riais.[4][7][8]
A serie completouse coa cuñaxe da peza de 10 riais en 1995 e coa de 20 riais en 2004, esta última inicialmente bimetálica, aínda que en 2006 pasou a cuñarse en aceiro, do mesmo xeito que o resto da serie.[4][9][10]
Remove ads
Billetes
No momento da unificación do país, os billetes en riais en circulación procedentes do territorio do norte tiñan os valores de 1, 5, 10, 20, 50 e 100 riais.
En 1993, o Banco Central do Iemen acordou substituír os billetes de 1 e de 5 riais por moedas, e o mesmo ocorreu co billete de 10 riais en 1995.[7][8][9] En 1996 introduciuse o valor nominal de 200 riais, seguido polo de 500 riais en 1997 e polo de 1.000 riais en 1998. O antigo billete de 20 riais foi substituído por unha moeda de valor equivalente en 2004.[10] Ademais, o 14 de novembro de 2009 engadiuse á serie de papel moeda un novo billete de 250 riais.[4][12]
En 2017, o Banco Central do Iemen, que estreaba sede provisional en Adén, por mor da guerra civil, puxo en circulación unha nova tiraxe dos billetes de 500 de 1.000 riais cunhas medidas de seguridade actualizadas.[13][14] En 2018 reintroduciu ademais o valor de 200 riais e renovou o billete de 100 riais.[4][15][16]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads