Ribadelouro, Tui
parroquia civil do concello de Tui From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa Comba de Ribadelouro é unha parroquia que se localiza no concello de Tui. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 946 habitantes (515 mulleres e 431 homes), distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 976 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 832 habitantes, sendo 381 homes e 451 mulleres.
Remove ads
Xeografía
A parroquia está situada entre as ladeiras orientais da Serra do Galiñeiro e do Monte Aloia e o Río Louro. Alcanza a súa altura máxima nos 500 metros sobre o nivel do mar na Costa de Oia[2].
Na zona montañosa da parroquia hai varias covas graníticas. Entre elas está a Cova da Trapa, a segunda máis grande de Europa deste tipo, con máis dun quilómetro de galerías e cun río de 250 metros de longo[3][4].
Remove ads
División eclesiástica
Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Tui-Entenza, na diocese de Tui-Vigo.[5]
Historia
Nesta parroquia son numerosos os achados arqueolóxicos prehistóricos. A primeira referencia histórica á parroquia é dun documento do ano 1112, no que se cita a esta parroquia polo nome da súa santa titular, Santa Comba. A actual igrexa parroquial foi construída no ano 1827[6].
Folclore
De acordo coas lendas locais, San Telmo faleceu na parroquia, no lugar coñecido como Ponte das Febres[7].
Deporte
A parroquia conta cun equipo de fútbol, o C. D. Ribadelouro, que actualmente xoga na Terceira Autonómica de Galicia[8].
Lugares e parroquias
Lugares de Ribadelouro
Lugares da parroquia de Ribadelouro no concello de Tui (Pontevedra) | |
---|---|
Barreiro | Bouzón | O Castro | A Costa | Cotarel | O Cruceiro | A Eira Vella | Espendelo | A Farrapa | A Fernal | A Fonte | A Gándara | A Magdalena | O Mallón | Marxiáns | O Monte | Mourentán | Oia | O Porto de Bouzas | San Simón | Vides |
Parroquias de Tui
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads