Ricardo Samper

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ricardo Samper
Remove ads

Ricardo Samper e Ibáñez, nado en Valencia o 25 de agosto de 1881 e finado en Xenebra o 27 de outubro de 1938, foi un avogado e político republicano español.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads
Remove ads

Traxectoria

Foi militante do Partido de Unión Republicana Autonomista, fundado por Vicente Blasco Ibáñez. Concelleiro da súa vila natal entre 1911 e 1920 e alcalde entre 1920 e 1923, durante a II República foi elixido deputado polo Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux.

Tras a entrada no goberno dos radicais nas eleccións do 19 de novembro de 1933, ocupou a carteira de Traballo e posteriormente a de Industria e Comercio. Foi nomeado presidente do Goberno o 28 de abril de 1934, tras a dimisión de Lerroux, motivada pola negativa inicial do presidente da República, Alcalá Zamora a asinar o decreto polo que se amnistiaba os militares implicados no intento de golpe de estado de Sanjurjo en 1932. Só permaneceu cinco meses á fronte do goberno, dimitindo o 4 de outubro do mesmo ano 1934, tras perder o apoio da CEDA, por mor da, a xuízo do presidente dese partido Gil Robles, debilidade do seu goberno fronte os problemas sociais. No goberno que o sucede, presidido novamente por Lerroux foi designado Ministro de Estado, mais dimite o 16 de novembro ao serlle atribuídas, pola CEDA, xunto co Ministro de la Guerra Diego Hidalgo, supostas responsabilidades en relación coa revolución de 1934.

En 1936, ao estalar a sublevación militar, marcha a Xenebra (Suíza), de onde xa non volvería, falecendo nesa cidade helvética.

O 2 de decembro de 2008, a neta de Ricardo Samper Ibáñez, Elena Enguix Samper presentou en Valencia un libro de memorias do seu avó.[1]

Remove ads

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads