Rinorrea
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Rinorrea (rhīno- gr. ‘nariz’ + rhoíā gr. ‘fluxo’) é o fluxo ou emisión de gran cantidade de líquido polo nariz, polo xeral por mor dun aumento da secreción de mucosidade nasal. [1]
Remove ads
Sinónimos
- Hidrorrinorrea
- Hidrorrea nasal
- Goteo nasal
- Tinohidrorrea
- Constipado nasal
Etioloxía
Son diversas as causas da rinorrea:
- Frío
- Infección
- Alerxias
- Lacrimación
- Traumatismo cranial
- Outras causas
Tratamento
Na meirande parte dos casos o tratamento da rinorrea non é preciso, e soluciónase por si mesma, sobre todo se é un síntoma dunha infección. Para os casos xerais, sonando o nariz conséguese eliminar a acumulación de mucosidade. Pódense empregar ben solución salina en aerosois nasais, ben vasocontrictores en esprais nasais, mais pode ser contraproducente tras varios días de uso, xa que o seu abuso orixina rinite medicamentosa.[2]
Nos casos recorrentes, como as debidas á alerxia, hai tratamentos a dispor do usuario baseados en antihistamínicos e corticoides.
Véxase tamén
Outros artigos
- Rinite
- Rinite alérxica
- Rinorraxia
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads