Rising Stars Challenge
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Rising Stars Challenge é un partido de exhibición de baloncesto que se disputa como parte do All-Star Weekend da National Basketball Association (NBA). Dispútase o venres dese fin de semana. Ata o ano 2011, era coñecido coma Rookie Challenge, e oficialmente chamado T-Mobile Rookie Challenge and Youth Jam.
O evento, feito por primeira vez en 1994, facíase orixinalmente con dous equipos, formados ambos os dous por xogadores de primeiro ano. Este formato continuou ata 1996, cando se cambiou a un equipo de rookies por cada conferencia, a Leste e Oeste, que disputaban o partido un contra o outro. Actualmente, xogan os mellores xogadores de primeiro ano ('Rookies'), contra os mellores xogadores de segundo ano ('Sophomores'). A diferenza dos partidos da NBA, o encontro se divide en dúas partes de 20 minutos, similar ao baloncesto universitario. Os xogadores participantes son elixidos mediante unha votación entre os adestradores da liga. No partido, os xogadores visten os uniformes dos seus equipos; agás en 2009, cando vestiron camisetas deseñadas polos fans. Os adestradores de cada equipo son os asistentes dos adestradores principais do NBA All-Star Game. A partir de 2009, dous xogadores en activo engadíronse aos corpos técnicos.
Para o All-Star Weekend de 2012, o partido cambiou o seu formato e pasouse a chamar NBA Rising Stars Challenge, e consistiu en dous equipos cunha mestura de xogadores de primeiro e segundo ano. Os equipos foron escollidos nun Draft polos ex xogadores da NBA e analistas do canal americano TNT, Shaquille O'Neal e Charles Barkley.
Remove ads
Edición 2019
L1 Lonzo Ball non puido participar debido a unha lesión.
Remove ads
Récords do partido
Puntos
- Kevin Durant, 46 (2009)
- Kenneth Faried, 40 (2013)
- Russell Westbrook, 40 (2010)
- Tim Hardaway, Jr., 36 (2014)
- Amar'e Stoudemire, 36 (2004)
- Jamal Murray, 36 (2017)
- Jaylen Brown, 35 (2018)
- Kyrie Irving, 34 (2012)
Rebotes
- Andre Drummond, 25 (2014)
- DeJuan Blair, 23 (2010)
- Elton Brand, 21 (2000)
- DeJuan Blair, 15 (2011)
- DeMarcus Cousins, 14 (2011)
- Chris Bosh, 14 (2005)
- Marcus Fizer, 14 (2002)
- Quentin Richardson, 14 (2001)
Asistencias
- John Wall, 22 (2011)
- Chris Paul, 17 (2007)
- Ben Simmons, 13 (2018)
- Jordan Farmar, 12 (2008)
Triplas
- Daniel Gibson, 11 (2008)
- Jamal Murray, 9 (2017)
- Frank Kaminsky, 9 (2017)
- Kyrie Irving, 8 (2012)
- Tim Hardaway, Jr., 7 (2014)
Porcentaxe de tiro
- David Lee, 100% (14–14) (2007)
Remove ads
Mellor xogador
- Único xogador en gañar o galardón no equipo perdedor.
Xogadores participantes por equipo
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads