Robert De Niro
director e produtor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Robert De Niro, nado o 17 de agosto de 1943 en Nova York, é un actor, director e produtor estadounidense de orixe italiana. Os seus primeiros papeis maiores foron nos filmes Toca con xeito ese tambor e Quérote, Nova Iorque, ambos de 1973. En 1974, interpretou a Vito Corleone en O padriño (II parte), un papel que lle valeu o Óscar ó mellor actor secundario.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2022.) |
Remove ads
Traxectoria
Graduado na Little Red School House, De Niro fixo o seu debut no cine na película francesa Three Rooms in Manhattan (1965) (como extra) e no 1968 en Greetings e Bloody Mama (dirixidas por Brian De Palma). Despois disto, fixo algúns papeis maiores e menores noutras películas con pouca repercusión, ata que gañou popularidade co seu papel en Toca con xeito ese tambor (1973). Empezou a traballar con Martin Scorsese o mesmo ano con Malas Calles. Outras películas de Scorsese nas que participou De Niro son Taxi Driver (1976), Nova York, Nova York (1977), Touro salvaxe (1980), The King of Comedy (1983), Cape Fear (1991) e Casino (1995). Na maioría destes filmes, De Niro interpretou personaxes emocionalmente inestables con tendencias sociopáticas. Mención á parte merece Taxi Driver, pois a súa actuación como Travis Bickle levouno á fama mundial e uniu para sempre o nome de De Niro co famoso monologo "Estas falándome a min?".
A mediados dos anos 80, De Niro empezou a facer papeis de comedia e tivo moito éxito neste xénero con películas como Brazil (1985), Midnight Run (1988), Wag the Dog (1997), Unha terapia perigosa (1999), Meet the Parents (2000) e Meet the Fockers (2004).
A finais dos 80 De Niro comezou a investir na área de Tribeca en Nova York incluíndo un estudio de cine e un festival de cine. De Niro admitiu máis tarde que algúns dos seus malos papeis que tomou nos 90 foron soamente para apoiar esas obras de caridade.
Gañou dous Oscar da academia, como mellor actor por Touro salvaxe, e como Mellor Actor Secundario por O padriño (II parte).
Curiosamente De Niro e Marlon Brando son os únicos actores que gañaron o Oscar interpretando o mesmo personaxe, Brando gañou por interpretar o vello Vito Corleone en O padriño (aínda que rexeitou o premio), mentres De Niro gañou o premio por interpretar o novo Vito en O padriño (II parte). Brando e De Niro non traballaron xuntos ata The Score (2001).
De Niro é comparado acotío co actor Al Pacino,[Cómpre referencia] co que traballou na película de Michael Mann Heat (1995). De Niro interpretaba unha versión máis nova do pai de Pacino en O padriño (II parte).
Remove ads
Vida persoal
De Niro casou dúas veces. Ten unha filla chamada Dreena e un fillo chamado Raphael da súa primeira muller Dianne Abbott, así como dous fillos, Julian Henry e Aaron Kendrick da súa relación coa antiga supermodelo Toukie Smith. Os nenos, que son xemelgos, foron concibidos con fecundación in-vitro. Raphael, anteriormente actor, dedícase agora ao mercado inmobiliario en Nova York. A finais do 2004, De Niro casou outra vez coa súa segunda muller Grace Hightower, unha antiga azafata dez anos máis nova.[Cómpre referencia] Tiveron un fillo, Elliot, en 1998. A parella pediu o divorcio por diversas disputas.
De Niro ten as súas principais residencias en Manhattan. De Niro apoia firmemente o Partido Demócrata, e prestou apoio explicitamente a Al Gore nas eleccións presidenciais do ano 2000, e a John Kerry nas do 2004. En 1998 pronunciouse en contra do "impeachment" ao presidente Bill Clinton como amigo persoal dos Clinton.
Posúe unha parte do restaurante Rubicon de San Francisco con Francis Ford Coppola e Robin Williams.[Cómpre referencia]
Remove ads
Filmografía
Actor ou director
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert De Niro ![]() |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads