Al Pacino
actor, produtor, guionista e director de cine estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Alfredo James "Al" Pacino, nado o 25 de abril de 1940 en Manhattan, Nova York, é un actor, produtor, guionista e director de cine estadounidense. Considerado como un dos mellores e máis influentes actores do século XX, Pacino recibiu numerosos premios e recoñecementos, entre os que destacan un Premio Óscar, dous Premios Tony e dous Premios Primetime Emmy. Tamén gañou catro Premios Globo de Ouro, un BAFTA, dous Premios do Sindicato de Actores, o Premio Cecil B. DeMille en 2001, o Premio AFI Life Achievement en 2007, a Medalla Nacional das Artes en 2011 e o Kennedy Center Honors en 2016.[1][2][3][4]
Remove ads
Traxectoria
É famoso por interpretar a mafiosos, como Michael Corleone na triloxía d'O Padriño, Tony Montana en O prezo do poder, Alphonse "Big Boy" Caprice en Dick Tracy, "Lefty" Ruggiero en Donnie Brasco e Carlito Brigante en Carlito's Way. Tamén ten aparecido en varias ocasións intepretando personaxes totalmente opostos como oficial de policía, detective e avogado. O seu papel como Frank Slade en Scent of a Woman valeulle o Oscar ó mellor actor en 1992 despois de ser nomeado en varias edicións previas.
É considerado como un dos cinco mellores actores vivos de Hollywood (o quinteto alcumado The Pantheon), xunto con Robert De Niro, Dustin Hoffman, Robert Duvall e Anthony Hopkins.
Remove ads
Filmografía
Cinema
Remove ads
Televisión
Videoxogos
Premios
Oscar
Emmy
BAFTA
Globos de Ouro
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads