Robert Noyce

From Wikipedia, the free encyclopedia

Robert Noyce
Remove ads

Robert Norton Noyce, nado en Burlington (Iowa) o 12 de decembro de 1927 e finado en Austin (Texas) o 3 de xuño de 1990, foi un físico estadounidense. Alcumado "o alcalde de Silicon Valley", foi cofundador de Fairchild Semiconductor en 1957 e Intel en 1968. É recoñecido xunto con Jack Kilby como o inventor do circuíto integrado ou microchip, motor da revolución dos computadores persoais, e por dar o nome a Silicon Valley.[1] Noyce ideou métodos prácticos para producir circuítos integrados en masa e foi considerado un modelo para unha xeración de emprendedores.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Premios e legado

En xullo de 1959 inscribiu a patente dun tipo de circuíto integrado. Por este traballo independente sobre o circuíto integrado, rexistrado uns meses máis tarde que os do seu primeiro inventor, Jack Kilby, e polo impacto que tiveron as súas aplicacións no mundo ambos recibiron o recoñecemento de tres presidentes dos Estados Unidos.

Ademais foi o destinatario doutros premios, como a Medalla Nacional de Tecnoloxía outorgada por Ronald Reagan en 1987, e o concedido pola Academia Nacional de Enxeñaría, entregado por George H. W. Bush en 1989. No bicentenario da lei de patentes, celebrado en 1990, recibiu a Medalla en recoñecemento á súa carreira, conxuntamente con Jack Kilby e John Bardeen entre outros.

Así mesmo recibiu a Medalla Stuart Ballantine do Instituto Franklin en 1966;[2] a Medalla de Honor do Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos en 1978;[3][4] a Medalla Nacional de Ciencias en 1979; foi elixido membro da Academia Estadounidense das Artes e das Ciencias en 1980;[5] e a Academia Nacional de Enxeñaría outorgoulle o Premio Charles Stark Draper en 1989, un ano antes do seu falecemento.[6]

A universidade onde estudou, Grinnell College, púxolle o seu nome ao edificio da facultade de ciencias.

Co motivo do aniversario 84 de Robert Noyce, Google deseñou un logotipo especial na hornra do cofundador de Intel.[7]

No seu afán investigador, chegou a rexistrar ata quince patentes relacionadas co campo da electrónica e dos microprocesadores.

A súa familia creou a Fundación Noyce en 1991. Esta fundación dedícase a mellorar a educación pública en matemáticas e ciencias nos niveis de primaria e secundaria.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads