Robert Ryan

From Wikipedia, the free encyclopedia

Robert Ryan
Remove ads

Robert Bushnell Ryan, nado en Chicago o 11 de novembro de 1909 e finado en Nova York o 11 de xullo de 1973, foi un actor de cinema estadounidense. Cun perfil moi característico e cun granítico rostro estriado, foi unha estrela nos anos corenta e cincuenta, de filmografía non extensa, mais si destacada.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Ryan naceu en Chicago, Illinois, fillo máis vello de Mable Arbutus (Bushnell), secretaria, e Timothy Aloysius Ryan, dunha familia rica que posuía unha empresa inmobiliaria.[1] Comezou no cinema traballando para a Paramount nalgúns filmes sen acreditar, mais a fama chegoulle co malvado soldado de Encrucillada de odios dirixido por Edward Dmytryk en 1947.[2] Por esta actuación recibiu a súa única candidatura ao Óscar. Desta etapa destacou a súa interpretación nos filmes Trail Street, tamén de 1947, e dirixido por Ray Enright; The Woman on the Beach de Jean Renoir;[3][4] Berlín Express (1948) dirixido por Jacques Tourneur; Atrapados (1949) de Max Ophuls e o filme sobre o mundo do boxeo, O amaño (1949), dirixido por Robert Wise, en que o actor rememorou a súa época de boxeador, deporte que practicara na universidade e que foi un dos seus filmes favoritos.[5]

Durante a década dos cincuenta traballou novamente con importantes directores e así realizou con Nicholas Ray o drama bélico Flying Leathernecks (onde tivo un duelo interpretativo con John Wayne), The Racket e A casa en sombras; con Fritz Lang trabalou en Clash by Night; con Anthony Mann no western The Naked Spur e no drama bélico sobre a guerra de Corea Men in War (1957); con Samuel Fuller traballou en House of Bamboo, e interpretou memorables malvados de novo nos filmes Bad Day at Black Rock dirixido por John Sturges e The Tall Men de Raoul Walsh.

Nos sesenta e setenta a súa aparición na panatlla grande reduciuse, limitándose a participar só en grandes producións: así, foi Xoán o Bautista en King of Kings dirixido polo seu coñecido Nicholas Ray, na adaptación da novela de Herman Melville Billy Budd, dirixida polo actor Peter Ustinov[6] ou en superproducións bélicas como The Longest Day, A batalla das Ardenas ou A batalla de Anzio. Tamén destacou no filme de Sam Peckinpah, Grupo salvaxe (1969).

Remove ads

Política

Aínda que Ryan serviu no exército, pasou a compartir as ideas pacifistas da súa esposa Jessica, que era cuáquera.

A finais da década de 1940, cando o House Committee on Un-American Activities (HUAC) intensificou os seus ataques anticomunistas sobre Hollywood, uniuse ao Committee for the First Amendment ("Comité pola Primeira Emenda"). Durante os anos cincuenta, doou cartos e servizos a organizacións cívicas e relixiosas como American Civil Liberties Union, American Friends Service Committee e United World Federalists. En setembro de 1959, el e Steve Allen fundaron a sección de Hollywood de The Committee for a SANE Nuclear Policy.[7]

A mediados da década de 1960, as actividades políticas de Ryan incluíron esforzos para loitar contra a discriminación racial. Participou na división cultural do comité de defensa de Martin Luther King Jr., e axudou a organizar Artists Help All Blacks, con Bill Cosby, Robert Culp e Sidney Poitier entre outros.[8]

Ryan falou con frecuencia da dicotomía entre as súas crenzas persoais e as súas personaxes. Nunha emisión de Odds Against Tomorrow, apareceu perante a prensa para discutir "os problemas dun actor coma min interpretando a clase de personaxe que na vida real considera totalmente desprezable".[9] Foi un pacifista que protagonizou filmes de guerra, western e suspense violentos; opúxose ao McCarthyismo, mais apareceu no filme de propaganda anticomunista I Married a Communist como un malvado axente comunista. En filmes socialmente progresistas como Encrucillada de odios, Bad Day at Black Rock, Odds Against Tomorrow e Acción executiva, interpretou viláns con prexuízos ou conspiradores.

Remove ads

Vida persoal

O 11 de marzo de 1939, casou con Jessica Cadwalader. Tiveron tres fillos: Timothy (n. 1946); Cheyney (n. 1948), investigador na Universidade de Oxford e profesor de filosofía e dereito na Universidade de Oregón e Lisa (n. 1951).[10][11][12] Viviron no edificio Dakota entre a 72nd e Central Park West en Manhattan e posteriormente alugaron o apartamento a John Lennon e Yoko Ono.[11]

No outono de 1951, abriu a progresista Oakwood School na patio traseiro de Jessica e Robert Ryan nos Ánxeles, fundada por un grupo de padres, creada e baseada os seus puntos de vista educativos e da infancia. Tres anos máis tarde, os pais, incluídos os Ryan, Sidney Harmon, Elizabeth Schappert, Wendy e Ross Cabeen, e Charles e Emilie Haas, compraron e construíron un colexio elemental en San Fernando Valley.

Robert e Jessica permaneceron casados ata a morte dela por cancro en 1972. Ryan morre de cancro de pulmón en Nova York o ano seguinte.

Filmografía

Máis información Ano, Filme ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads