Roi Xordo
fidalgo galego da casa de Andrade From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Roi Xordo foi un fidalgo medieval da terra da casa de Andrade, que en 1431 liderou a Irmandade Fusquenlla na súa revolta contra o señor Nuno Freire de Andrade, o Mao, na que sería a primeira revolta irmandiña.
Remove ads
Traxectoria
Pouco se sabe de Roi Xordo. Podería ser de Ferrol, aínda que tamén se defende que era coruñés[1]. Liderou unha forza de 3.000 homes que tomou o castelo de Moeche, facendo fuxir cara Pontedeume o seu señor Nuno Freire. Sumando xentes de Mondoñedo e Lugo, até acadar os 10.000 combatentes,[2] Roi Xordo avanzou contra Pontedeume e Betanzos. Alí, o arcebispo de Santiago Lope de Mendoza, tentou infrutuosamente chegar a un acordo de paz. Así e todo, o exército irmandiño atacou Compostela, sendo derrotado polo exército regular do arcebispado. Roi Xordo e as súas tropas regresaron daquela a Pontedeume onde puxeron baixo asedio o castelo dos Andrade. Mais estes, refeito e reforzado o seu exército, conseguiron rompe-lo cerco no ano 1437, derrotando á Irmandade e dando morte a Roi Xordo na batalla.[3].
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads