Rosalynn Carter

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rosalynn Carter
Remove ads

Eleanor Rosalynn Carter (de solteira Smith), nada en Plains (Xeorxia) o 18 de agosto de 1927 e finada na mesma localidade o 19 de novembro de 2023, foi a Primeira Dama dos Estados Unidos de América entre 1977 e 1981 como a esposa de Jimmy Carter. Durante décadas foi voceira de numerosas causas.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Carter estivo politicamente activa durante os seus anos na Casa Branca, sentando nas reunións do gabinete. Foi a conselleira máis próxima ao seu marido. Tamén serviu como enviada no estranxeiro, particularmente en Latinoamérica.

Remove ads

Traxectoria

Thumb
Rosalynn Carter aos dezasete anos.

Orfa de pai dende os trece anos,[1] axudou a súa nai no seu traballo de modista[2] para afrontar os seus estudos elementais. No Plains High School, Rosalynn traballou duro para facer realidade o soño do seu pai de que fose á facultade.[2] Matriculouse no Georgia Southwestern College, mais despois abandonouno.[3] Tiña aspiracións de saír de Plains, mais tivo que deixar a facultade debido á falta de diñeiro e por ter obrigas coa súa nai e irmáns.[4]

Casou con Jimmy Carter en 1946 e dende que este abandonou a Armada dos Estados Unidos colaborou na empresa familiar dedicada ao cultivo e comercialización de cacahuetes, no departamento de contabilidade.

Cando en 1962, Jimmy Carter foi elixido senador polo estado de Xeorxia, Rosalynn dedicouse a apoiar a carreira política do seu esposo. En 1970 converteuse na primeira dama de Xeorxia e decidiu centrarse na saúde mental.[5] Máis tarde fixo campaña para a candidatura de Carter á Presidencia dos Estados Unidos. Ao final do mandato incorporouse ao proxecto do Centro Carter, onde é codirectora.

Participou activamente nas tarefas preparatorias para a asistencia da fundación ao Referendo presidencial de Venezuela de 2004 a petición de todas as partes.

Remove ads

Vida privada

Rosalynn e Jimmy Carter casaron en Plains o 7 de xullo de 1946. O matrimonio cancelou os plans de Rosalynn de acudir ao Georgia State College for Women, onde planeaba estudar deseño de interiores.[6] A parella tivo catro fillos: John William "Jack" (nado en 1947), James Earl "Chip" III (nado en 1950), Donnel Jeffrey "Jeff" (nado en 1952) e Amy Lynn (nada en 1967).

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads