Rosendo Mercado

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rosendo Mercado
Remove ads

Rosendo Mercado Ruiz, nado en Madrid o 23 de febreiro de 1954, é un guitarrista, cantante e compositor español de rock . Formou parte dos grupos Ñu e Leño e é considerado un dos máis importantes representantes do rock español.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Historia

Primeiros pasos

Rosendo naceu no barrio madrileño de O'Donnell, fillo de emigrantes procedentes de Bolaños de Calatrava.[1] Medrou no distrito de Carabanchel, onde aínda reside. Logo de abandonar os estudos na escola de enxeñería ICAI, en 1972 incorpórase como guitarrista a Fresa, un conxunto que tocaba versións de cancións de moda, acompañando tamén a solistas. Despois de varios cambios, como a incorporación do cantante José Carlos Molina, a banda pasou a denominarse Ñu. En 1974 Rosendo descubriu a música de Rory Gallagher, que influíu nel, xunto a outros grupos como Jethro Tull, Canned Heat, Cream, Deep Purple ou Black Sabbath, nas súas creacións posteriores.

Etapa en Leño

Despois de realizar o servizo militar obrigatorio en 1975, participou na gravación do primeiro disco de Ñu. As relacións con José Carlos Molina non eran boas e en 1977 Rosendo abandonou a formación para crear Leño. Con el fóronse Chiqui Mariscal, que tocaba o baixo, e Ramiro Penas como batería.

Remove ads

Discografía

Álbums con Leño

  • Álbums de estudio:
  • Álbums en directo:
  • Outros:
    • Maneras de vivir - 1997 Recompilatorio que inclúe a versión de estudio de "Maneras de vivir" e "Aprendiendo a escuchar" (anteriormente só aparecida en single).
    • Bajo la corteza - 2010 Dobre CD + DVD no que 26 grupos interpretan temas de Leño.

Álbums en solitario

Álbums de estudio

  • Loco por incordiar (1985)
  • Fuera de lugar (1986)
  • ... A las lombrices (1987)
  • Jugar al gua (1988)
  • Deja que les diga que no! (1991)
  • La tortuga (1992)
  • Para mal o para bien (1994)
  • Listos para la reconversión (1996)
  • Dame algo B.S.O. (1997)
  • A tientas y barrancas (1998)
  • Canciones para normales y mero dementes (2001)
  • Veo, veo... mamoneo!! (2002)
  • Lo malo es... ni darse cuenta (2005)
  • El endémico embustero y el incauto pertinaz (2007)
  • A veces cuesta llegar al estribillo (2010)
  • Vergüenza torera (2013)

Álbums en directo

  • Directo (1989)
  • Siempre hay una historia… en directo (1999)
  • Otra noche sin dormir (con Barricada e Aurora Beltrán) (2008)
  • En el Palau de la Música de Barcelona (2011)

Outros

  • Un palo al agua (1988) Recompilatorio.
  • Agradecidos... Rosendo (1997) Disco tributo realizado por grupos de rock españois.
  • Salud y buenos alimentos (2004) Caixa con CD recompilatorio de grandes éxitos, CD de rarezas, DVD concerto en México e biografía.
  • Discografía completa 1985–2011 (2011).
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads