Roser Capdevila
escritora española From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Roser Capdevila i Valls, nada en Horta, Barcelona o 23 de xaneiro de 1939, é unha ilustradora catalá, coñecida por ser a creadora das Tres xemelgas.
Remove ads
Traxectoria
Interesada no debuxo dende nova, ingresou na Escola Massana de Belas Artes de Barcelona. No ano 1999, foi galardoada co Premio Nacional de Cinema e de Audiovisual, concretamente no apartado de Audiovisual, e no 2004 coa Creu de Sant Jordi, ámbolos dous concedidos pola Generalitat de Cataluña.
En 2011, doou o seu legado, composto por máis de 3.000 debuxos, litografías, gravados e contos, á Biblioteca de Cataluña.[1]
Remove ads
Obra artística
Colaboradora durante a década de 1970 da edición francesa da revista infantil Cuca Fera, no ano 1979 foi finalista do Premio Apel·les Mestres de literatura infantil e xuvenil ilustrada polo seu conto La cosidora.
Na década de 1980 comezou a ilustrar libros de texto para nenos cos seus debuxos, caracterizados por un estilo sinxelo, mais cunha caricatura fresca e dinámica.
No ano 1983, inspirándose nas súas tres fillas Teresa, Anna e Helena, creou as personaxes de As tres xemelgas, a serie de libros que foron traducidos a 35 linguas e cuxo éxito motivou a creación dunha serie de televisión que se emitiu en 158 países.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads