Roubaix

From Wikipedia, the free encyclopedia

Roubaixmap
Remove ads

Roubaix (Robaais en neerlandés) é unha vella cidade industrial do norte de Francia situada preto da fronteira con Bélxica, na sur da antiga provincia de Flandres francés. Está na rexión administrativa francesa de Alta Francia e no departamento francés do Norte, no lado noroeste da aglomeración urbana de Lille. Ten 95.866 habitantes, sendo a terceira cidade en poboación da rexión administrativa, tras Lille e Amiens. É unha das cidades francesas cunha maior presenza de minorías étnicas.

Datos rápidos Lema, Alcume ...

Fai parte dunha conurbación, coas cidades de Lille, Tourcoing e Villeneuve-d'Ascq, e cos suburbios veciños que forman a Métropole europea de Lille a cal ten unha poboación que supera un millón de habitantes.

Coa revolución industrial chegou o crecemento e a cidade foi un importante centro da industria téxtil. A partir de 1821 a poboación decuplicouse ata 1896, para acadar aproximadamente 124.000 habitantes. As industrias, sobre todo da la e algodón, empregaban a toda esa masa traballadora e a cidade recibiu alcumes coma "o Manchester francés" ou "a cidade das mil chemineas". Durante a segunda metade do século vinte, o sector téxtil padeceu unha gran crise. Actualmente atópase inmersa nunha profunda tarefa de reconversión e rehabilitación do seu tecido urbano.

A cidade é coñecida internacionalmente pola liña de meta da derradeira etapa da competición ciclista París-Roubaix. Fóra do ciclismo, é coñecida tamén polo Museo de Arte e de Industria André Diligent.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads