Roza das Modias
necrópole megalítica en Alba, Vilalba From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A necrópole megalítica da Roza das Modias foi unha necrópole de mediados do III milenio a. C. atopada en Alba, Vilalba.[1]
Remove ads
Características
Tres dos sete túmulos, en diferentes graos de conservación, presentaban gravados realizados sobre lousas xistosas.
Túmulo A
A cámara poligonal do túmulo A presenta gravados oscilantes en catro das sete lousas, representando o que podería tratarse de serpes, que tamén poden relacionarse coa plasmación de imaxes obtidas en visións alucinatorias. Estes gravados que só poderían ser vistos polos mortos están relacionados coas ideas relixiosas características da cultura megalítica.[1]
Ten 12 metros de diámetro e 1,50 de altura. A cámara é poligonal sen lousa de cobertura e oito ortóstatos visiblemente inclinados cara ao interior.
Foi declarado Ben de Interese Cultural en 2011.[2]
Remove ads
Galería
- Detalle dos gravados na pedra.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads